Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 octobre 2009

PLUMEIRO

Os vellos definen o clima transiberiano da cidade de Lugo distinguindo tres estacións: inverno, verán e a do tren. Neste San Froilán sufrimos a transición incerta nos barómetros que caracteriza o outono nesta urbe. Poida que esa alteración ambiental explicase que eu vise unha rata cun plumeiro prendido á parte baixa do lombo apañando castañas no xardín traseiro do meu edificio. Debe de ser unha compensación por ter que vivir quince días entre coches aparcados coma aparellos de equilibrista, carreiras de bicis e enxurradas de seguidores de Amaral. O Domingo das Mozas uns trinta comensais uniformados no Decathlon ocupaban os baixos da casa. Son costumes asociados ás festas, como o salto mortal que houben de dar para evitar pisotear a franquicia que uns africanos estenderan diante do meu portal. Do mesmo xeito que me amolan algúns costumes das celebracións locais, amólame que Educación dificulte a integración dunha menor consentindo que asista a clase ocultando o pelo cun pano. O pai amosa o cabelo, polo que non debe de ser costume relixioso, senón sexista. O guitarrista de Amaral resulta extravagante polo gorro, pero ten criterio para decidir. A rata con plumeiro estrafalario era un esquío. Hai particularidades que son bonitas.

(Artigo para El Progreso)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité