vendredi 16 octobre 2009
A XERACIÓN QUE NON DEU SIDO
Óscar Iglesias asina hoxe no PaísdeG un espléndido traballo xornalístico -como adoitan ser os seus- arredor da xeración que non deu sido. Ao cabo, ten razón Camilo Franco, o que nos unía era a escasa vontade de integrar grupo algún. Acerta tamén Ana Salgado cando sinala a contradición de que non se nos recoñeceu como colectivo e as mulleres son encerradas en categorías sendo o xénero o único que as une en moitos casos.
vendredi 16 octobre 2009
PLUMEIRO
Os vellos definen o clima transiberiano da cidade de Lugo distinguindo tres estacións: inverno, verán e a do tren. Neste San Froilán sufrimos a transición incerta nos barómetros que caracteriza o outono nesta urbe. Poida que esa alteración ambiental explicase que eu vise unha rata cun plumeiro prendido á parte baixa do lombo apañando castañas no xardín traseiro do meu edificio. Debe de ser unha compensación por ter que vivir quince días entre coches aparcados coma aparellos de equilibrista, carreiras de bicis e enxurradas de... [Lire la suite]