Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 octobre 2009

O MEU ELECTRICISTA NON É 'COMUNETISTA'

O MEU electricista, Ramiro, andaba pola casa o xoves para mirarme un problema cunhas lámpadas. Mentres el unía o cable azul co amarelo conteille que na Feira de Frankfurt acaba de asumirse que o libro electrónico imperará á volta duns anos. Comenteille que o quebracabezas para escritores e editores consiste en garantirse os ingresos polos textos, que serán o resultado de ensamblar creatividade, formación, experiencia e traballo. O problema é que hai ‘ciberanarquistas’ (defensores da cultura libre) e ‘comunetistas’ (Creative Commons, Copyleft) que dan por suposto, alegando o dereito a que se lles cubran as necesidades culturais, que o sector editorial ten que investir tempo e cartos en fornecelos de libros de valde. Eu linlle ao meu electricista as análises ao respecto que facía a lucense María Yáñez, que liderou a reflexión a prol desas teorías en Galicia en tanto non empezou ela mesma a xerar contidos para a rede de xeito profesional. Ramiro aparentaba interesado cando eu o informaba de que Edicións Xerais anda na vangarda galega neste eido,pois xa anunciou dous libros electrónicos para os vindeiros meses —un deles vai ser ‘Sete palabras’, de Suso de Toro—. Pasada case que unha hora, o electricista prendeu as lámpadas para comprobar que funcionaban, quitou a bacaladeira para botar contas e me presentou dediante a factura. Eu retomei as lerias do Creative Commons e o Copyleft, o dereito que alegan os novos seguidores de Proudhon —«a propiedade privada é un roubo», barbarizaba—; pero nada diso valeu. Engadín o meu dereito a dispor de electricidade na casa. El asentía mentres sumaba. Rematada a conta, preguntome: Con IVE, verdade?

(artigo para El Progreso)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité