Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 octobre 2009

O FUSIL ARRESTADO DE CANEIRO

Caneiro lémbrame a un amigo meu a quen puxeron a vixiar un fusil cando facía a mili. O arma que matara un rapaz cando estaba limpando nela. A diferenza é que o meu amigo cuestionaba a orde impartida. Pepe Caneiro é tan ben mandado que o mesmo turra contra o que lle indican como columnista que se pon unha máscara para un vodevil sobre a gripe A. Eu valoro a fidelidade á empresa, o problema é cando a encarga que lle fan vai de materias que el non domina: a crítica literaria e a novela. Pep Caneiro é un lector entregado, pero si lle viría ben ler menos narrativa e máis técnica narrativa. O sábado publicou un texto en La Voz de Galicia na que falaba de 'O contador de estrelas'. O Equilibrista amañou para comentar o libro sen citar ao autor (os titulares son dos redactores da Voz), polo que aclararei que é meu. Do texto de Caneiro, pouca conclusión tirei para mellorar futuras obras porque partillaba o ritmo interno pesadamente trotón, que comprendo como autorreferencial e reivindicador da súa liña estética (irmáns Quintero, Pérez y Pérez), pero escasamente xornalístico. Na reseña aínda acertaba en sinalar a falta de metáforas (descoñezo a obriga de usalas) e me daba afeado que os meus personaxes, adolescentes, falen de xeito "coloquial" (sic). Coloquial! Agora que descubriu a Samuel Johnson, Pp Caneiro debería empezar a ler autores que publicaron despois de 1930 e, nomeadamente, ir de bar en bar escoitando a fala dos rapaces. Ben, 'The second plane' agarda por min. Reflexiona sobre un atentado realizado espetando dous avións contra senllos edificios de Nova York a comezos do século XXI, un texto de Amis que Caneiro lería como “novela de anticipación”. Case que se vaia poñendo con '1984' e despois regálolle esta (a gastos pagos)

Engado: Logo de empezar o libro, descubro na presentación de Amis unha frase aplicada aos islamentalistas, pero acaída aó caso: "(A dependent mind) is a mind with wich we share no discurse".

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Non lle falta razón, Catuxa. Estou por abrir un local consagrado ao Esteta de Verín.
Répondre
C
Señor Jaure, vistos os comentarios que vostede recibe cada vez que fala pestes de Caneiro e visto o silencio que obtén o seu blog cando fala doutros asuntos, podería ir pensando dedicarlle ao dandi de Verín aínda unha maior atención. Vostede non sofre caneirofobia, senón caneirofilia. Unha enfemidade, en todo caso.
Répondre
J
Síntome honrado pola comparanza. No fondo, é diatriba de toda a Historia da Literatura. O holandés Harry Mulisch di que hai "escritores de novelas e escritores de frases".
Répondre
J
Danilo, mañá hei estar na biblioteca de Redondela a iso das 20.00. En canto confirme lugar e hora, poreino no taboeiro de anuncios do Cabaret.
Répondre
S
Deséxolles ao un e ao outro que, pasados os anos, os poidamos comparar a vostedes e ás súas leas con Quevedo e Góngora. Será sinal de que ambos os dous medraron até o punto de teren un lugar na historia literaria que pasa polacriba do tempo. Algo en común xa teñen. Un acusa ao outro da falta de metáforas e o outro ao un de prosapoético. Non lles recorda o conceptismo e culteranismo dos dous da Idade de Ouro?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité