dimanche 18 octobre 2009

XAVIER ALCALÁ CONTRA O VENTO PLANETARIO

Xavier Alcalá acusa a Ángeles Caso e Planeta de chafalleiros pola coindencia entre o título da novela gañadora do premio da editorial e a tradución para o español de 'Cárcere verde'.
Posté par Jaureguizar à 22:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 18 octobre 2009

O FUSIL ARRESTADO DE CANEIRO

Caneiro lémbrame a un amigo meu a quen puxeron a vixiar un fusil cando facía a mili. O arma que matara un rapaz cando estaba limpando nela. A diferenza é que o meu amigo cuestionaba a orde impartida. Pepe Caneiro é tan ben mandado que o mesmo turra contra o que lle indican como columnista que se pon unha máscara para un vodevil sobre a gripe A. Eu valoro a fidelidade á empresa, o problema é cando a encarga que lle fan vai de materias que el non domina: a crítica literaria e a novela. Pep Caneiro é un lector entregado, pero si lle... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 15:51 - Commentaires [21] - Permalien [#]
dimanche 18 octobre 2009

O MEU ELECTRICISTA NON É 'COMUNETISTA'

O MEU electricista, Ramiro, andaba pola casa o xoves para mirarme un problema cunhas lámpadas. Mentres el unía o cable azul co amarelo conteille que na Feira de Frankfurt acaba de asumirse que o libro electrónico imperará á volta duns anos. Comenteille que o quebracabezas para escritores e editores consiste en garantirse os ingresos polos textos, que serán o resultado de ensamblar creatividade, formación, experiencia e traballo. O problema é que hai ‘ciberanarquistas’ (defensores da cultura libre) e ‘comunetistas’ (Creative Commons,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]