Tras a manifestación nacional de onte, penso que a esperanza non está condenada. Galicia non son soamente as rúas do centro de Vigo e A Coruña. Hai 50.000 persoas ("Los mismos de siempre", farfullou unha doída Gloria Lago; os 50.000 "mesmos de sempre" en todo caso) que están en contra de que o goberno abandone o galego á súa sorte.
Commentaires sur OS 50.000 MESMOS DE SEMPRE
- no centro de VigoNas rúas do centro de Vigo tamén hai xente que falamos galego. De acordo, somos os menos e témolo cada vez máis difícil... As nosas voces, como as de 50.000 persoas, non dan loitado contra os altofalantes pagados de Galicia Bilingüe. Pero nós, xogamos limpo, non precisamos de mentiras.
Nouveau commentaire