lundi 19 octobre 2009

LOURENZO+SHAKESPEARE: CUNQUEIRO

Manuel Lourenzo, un dos grandes nomes da escena galega, gañou a edición 2009 do Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais coa obra 'Flores de Dunsinane'. O Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil foi para Xosé A. Neira Cruz polo texto 'Sopa de xarope de amora', mentres que o Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques recaeu en Ignacio Vilariño por 'Auga que non vas beber...', na modalidade para adultos, e en Begoña García por 'Bon appétit', na categoría de teatro para nenos.
Posté par Jaureguizar à 16:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 19 octobre 2009

OS 50.000 MESMOS DE SEMPRE

Tras a manifestación nacional de onte, penso que a esperanza non está condenada. Galicia non son soamente as rúas do centro de Vigo e A Coruña. Hai 50.000 persoas ("Los mismos de siempre", farfullou unha doída Gloria Lago; os 50.000 "mesmos de sempre" en todo caso) que están en contra de que o goberno abandone o galego á súa sorte.
Posté par Jaureguizar à 05:14 - Commentaires [1] - Permalien [#]