Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 octobre 2009

O OUTRO FILLO DO MUIÑEIRO

Ser fillo de muiñeiro é unha condición moi á moda. Moito se fala agora deles. Algúns fillos de muiñeiros, como xa no están en Elsinor, cargan coas culpas de presuntas finanzas negras. O de invocar a finados semellábame unha curiosidade para Antón Rebollido, que nos deixa o corazón pequeno e encollido como unha pelota de golf nas noites da Radio Galega. O propio Shakespeare, que disque era un actor sen método Stalisnasky e cunha técnica limitada polo demáis, encarnou á pantasma do pai reclamado diante de Sabela I. Foi o neto do muiñeiro, Rafael Cuíña, o que asumiu agora o protagonismo como ‘rookie’ do ano para a plataforma Pro Lingua, encarnando a banda galeguista do PP. Esa plataforma está liderada polo fillo do muiñeiro de Castro, Xabier Docampo. O escritor revisita hoxe as moas para recibir unha homenaxe no Muíño do Rañego. Docampo nunca figura nos debates dos blogs sobre literatura galega, nas candidaturas para que poidamos debutar no Nobel, nas listas á vaiche boa dos máis vendidos, ou nos estudos sobre narrativa. Escribe para rapaces, claro; pero ten un dominio técnico da narración superior á de moitos que figuran nos blogs, nas candidaturas e nas teses de filoloxía. A maiores, é un dos autores máis lidos de Galicia. El sabe levar iso con dignidade, coa mesma dignidade que demostrou aquel día en que Manuel Figueiras nos convidou a ambos os dous á Feira do Libro de Chantada. Sentárannos de par tras senllas mesas e os lectores pasábanos por diante mirándonos estrañados, pero sen pedirnos autógrafos nin sequera saudarnos. «Parecemos dúas prostitutas holandesas», sentenciou Xabier.

(Artigo para El Progreso)

Publicité
Publicité
Commentaires
P
"veñen ven"?
Répondre
J
Biscoitiño, a miña muller espetoume hai moitos anos: "Eu cría que os escritores eran importantes ata que te coñecín a ti". Dende aquela, eu procuro ser o máis natural que dou, aínda que non me parece mal que haxa escritores que prefiran manter a distancia como ofertadores de espectáculo, sempre e cando non sexa soberbia.
Répondre
J
Salvador, faime gracia a coincidencia. De todos os xeitos,os escitores ás veces sentímonos importantes socialmente e ignorancia coma a que padecimos o Xabier e mais eu en Chantada veñen vén para chantarnos a realidade na cara.
Répondre
B
Adiantouseme o Salvador.Totalmente de acordo. Hai moita elegancia e un sano distanciamento do papel do ecritor vedette que lle acae moito bem tanto ao Docampo como ao Jaureguizar no dito das "duas prostitutas holandesas".<br /> De muiñeiros...é que non é calquera cousa ser muiñeiro (ainda que hoxe xa non haxa , prácticamente), o fillo ou neto de. Bótase de ver que estes dous son ben nacidos.
Répondre
S
Descoñezo se Xabier coñece esta anécdota, en todo caso subliño a coincidencia. Na feira do libro d'A Coruña, anos ha, estaban nunha caseta Cesáreo Sánchez Iglesias e Martínez Barbeito. A xente pasaba, mirábaos, e non se detiñan para que lles asinasen unha dedicatoria. Foi entón cando Martínez Barbeito pronunciou a tal frase: "Parecemos dúas prostitutas holandesas no escaparate".<br /> Toda a miña admiración polo fillo do muiñeiro.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité