jeudi 29 octobre 2009
O CONTADOR DE ESTRELAS, TIC TAC, TIC TAC
Fálanme dunha nova edición tras un mes na rúa. Moitas grazas, exclamo con toda a humildade que dou xuntado.
jeudi 29 octobre 2009
AMIS ANALIZA O ÉXITO DE 'DÚAS BOLSAS DE SILICONA'
Martin Amis inspirouse nun belo e vulgar alien que abrochou na telerrealidade para a súa vindeira novela. O escritor ten curiosidade por saber o motivo do éxito de vendas que está tendo a autobiografía de "dúas bolsas de silicona". O volume titularase State of England (que pouco me gusta, demasiado facilón), pero antes, lembren señores clientes, agardamos por The pregnant widow (o ano que vén, en Jonathan Cape).
jeudi 29 octobre 2009
FANNY E ALEXANDER: ALFAÍAMENTE
Fanny e Alexander xa me teñen fascinado dende o Berlin de María Lado, e volven facelo co seu novo disco. Hai dúas cancións das que gozo intensamente: Na febre dos incendios e Artefacto Burbur. Felizmente, ambas teñen letras de amigos meus; a primeira é de Xiana Arias, de Igor Lugrís a segunda. A ver se me vai dar por ler poesía... ¡buf! Non creo, non?