vendredi 30 octobre 2009

LA HAYA

O MEU CATIVO teima en chamar Curuña a A Coruña. A pronuncia pacovazquista prendeu nel e non hai quen o convenza para que use o artigo nin cambie unha vogal. Non é a única persoa á que escoito variar así o nome da cidade, tamén está no alto do hit parade La Coruña e mesmo sinto Cruña ás veces. A Coruña ten un nome de seu e logo cada quen defórmao á súa apetencia. Algo semellante acontece con La Haya; os holandeses deron en chamalo Den Haag, cando de toda a vida foi La Haya e eu nunca escoitei a ninguén dicir Den Haag nin o Tribunal de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:01 - Commentaires [5] - Permalien [#]