Esta mañá incieime no manga. Lin Bleach (2001, 2006 en español)  e Hellsing (1998, 2007 en español) un tras do outro (unhas catrocentas páxinas do tirón). Comezo tardeiro co xénero, mais foi unha experiencia enriquecedora porque teñen un xeito moi particular de contar: apoiado na onomatopeia, cun código de relacións moi extraño e cun saltos temporais a machado, sen transicións. Bleach é moi extremoriental, con espíritos bos e malos, esperable. Hellsing invirte o exotismo: está baseada nunha loita a cara de can entre católicos e protestantes en Europa con vampiros polo medio. Para os nipóns ten que ser toda unha experiencia relixiosa, que cantaría Enrique Iglesias.