samedi 31 octobre 2009

CATÓLICOS VS PROTESTANTES + VAMPIROS

Esta mañá incieime no manga. Lin Bleach (2001, 2006 en español)  e Hellsing (1998, 2007 en español) un tras do outro (unhas catrocentas páxinas do tirón). Comezo tardeiro co xénero, mais foi unha experiencia enriquecedora porque teñen un xeito moi particular de contar: apoiado na onomatopeia, cun código de relacións moi extraño e cun saltos temporais a machado, sen transicións. Bleach é moi extremoriental, con espíritos bos e malos, esperable. Hellsing invirte o exotismo: está baseada nunha loita a cara de can entre católicos e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:25 - Commentaires [11] - Permalien [#]

samedi 31 octobre 2009

CAMILO FRANCO: "ESCRIBIR NON É MÁIS CA UN OFICIO"

Camilo Franco segue sendo o que mellor pensa as nosas letras: "Son da idea de que un dos grandes problemas da literatura contemporánea é que construíu ao seu redor un discurso de iniciados que a foi distanciando da xente normal. Xorde a idea de que un escritor é unha especie de crego ou gurú que está máis elevado que o resto da sociedade, cando escribir non é máis que un oficio. Así que se foron perdendo espazos para a lectura. Hai xente que asegura que para ler deben darse unhas condicións obxectivas, como para o marxismo nos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:18 - Commentaires [6] - Permalien [#]