CABARET VOLTAIRE

Contacto 616.14.57.28. jaure@mundo-r.com Representante: Natalja Dudek (Axencia Literaria Galega) 622.86.33.13.

11 novembre 2009

COUSAS QUE NON ACONTECEN EN GALICIA (1)

Móbil-mensaxe da miña muller dende Madrid: 11-Nov-2009.15.54 "En los vagones del metro hay reproducciones de libros para que nos culturicemos y acabo de ver Lo único que queda es el amor de Agustín fdz paz".

Posté par Jaureguizar à 16:10 - Commentaires [12] - Rétroliens [0] - Permalien [#]

Commentaires

Vagóns

Eu hoxe acabo de ler tres extractos de: 'Martina, la rosa número trece' (Ángeles López), un poema de amor dos últimos mouros en Granada e outro de San Juan de la Cruz (ahí, a pouco máis, levito). Unha aperta.

Posté par WeAreOnTheRocks, 11 novembre 2009 à 16:34

Iso non pasa nin en Galicia nin con Agustín en Galicia. Nin atopas textos no tren (certo que en Lugo hai un paseo con fragmentos de poemas) nin Fernández Paz ten o recoñecemento que merece. Escribe para nenos, claro.

Posté par jaureguizar, 11 novembre 2009 à 18:12

Cousas que non hai Galicia

Nen temos metro, nen tren de cercanías nin ningún tipo de transporte metropolitano en condicións (no que nos poidan amenizar a viaxe)
Sempre nos quedaría agardar un xesto de boa vontade de Raúl Lopez, mais dubido que vaia a ter tal sensibilidade ( a parte de que eu mareome ao ler no bus)

Posté par W. Sobchak, 11 novembre 2009 à 18:56

Eu lin no metro de Madrid, en versión bilingüe, o poema Longa Noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro.

Posté par xos, 11 novembre 2009 à 22:36

Sobchack, mondo dificile! O que di Xos é unha mostra de que mesmo en Madrid toman máis en serio ca nós aos nosos escritores.

Posté par jaureguizar, 11 novembre 2009 à 23:38

no castromil repartíronse contos breves hai como quince anos. eran os contos do castromil e había unha boa escolma de autores galegos do momento.

Posté par mvi, 12 novembre 2009 à 03:03

Había un moi bonitiño de Suso de Toro: MIles de castromiles.

Posté par jaureguizar, 12 novembre 2009 à 09:15

Eu som fã desses textos no metro, mas o de Agustín Fernández Paz nom o vi ainda, sim o de Celso Emílio (loflipé en su momento).

Durante um tempo foi possível ler um texto com a mesma aparência que os oficiais: igual tamanho, vinil autocolante, mesma tipografia, a correspondente ilustraçom que sempre acompanha ao texto, mas no que se fazia umha feroz crítica ao estilo de vida nas grandes urbes e umha apologia do anarquismo como via de fugida. Algum, graças ao perfeito mimetismo, e também ao pouco interese pola leitura das autoridades do metro, botou muito tempo colado no vagom.

Posté par lilith, 12 novembre 2009 à 09:56

Agora com a curiosidade, puxem-me a buscar e achei rápido umha ligaçom onde falam da campanha:
http://www.otromadrid.org/articulo/5288/anarquia-campana/

Posté par lilith, 12 novembre 2009 à 10:00

Agora com a curiosidade, puxem-me a buscar e achei rápido umha ligaçom onde falam da campanha:
http://www.otromadrid.org/articulo/5288/anarquia-campana/

Posté par lilith, 12 novembre 2009 à 10:17

Cando vexo eses textiños en galego no metro de Madrid sempre teño unha estraña sensación de normalidade, como se Galicia fose un país de tantos.

Posté par Rubén, 12 novembre 2009 à 12:27

Ás veces, Galicia semella un país coma outro calquera, pero son impresións ópticas

Posté par jaureguizar, 12 novembre 2009 à 16:01

Poster un commentaire







Rétroliens

URL pour faire un rétrolien vers ce message :
http://www.canalblog.com/cf/fe/tb/?bid=78314&pid=15761034

Liens vers des weblogs qui référencent ce message :