Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 novembre 2009

SANGUE, SUOR E MÚSCULOS

Un belga botou 23 anos no interior dun corpo errado. A culpa non foi de pretender el ser unha belga ou aspirar a protagonizar unha deses astracanadas que buscan o humor pola contradición, como ‘Big’ ou ‘¡Cariño, hemos agradado a los niños!’ Rom Houben estaba de realoxado nun físico equivocado porque non movía nin unha pestana, pero el era consciente do que acontecía fóra desa masa inerte de sangue, suor e músculos. Viviu nunha película coa que Coixet podería facer un remake de ‘Mi vida sin mí’. Galicia sufre nesta década a procesión dos caladiños con adeuses para os centros neuronais das macroempresas creadas e desenvoltas aquí. A maiores padece o risco de ficar tamén sen as entidades que fixeron correr o sangue prestatario para mantelas con folgos e medrando. Nos vindeiros anos, o noso país podería quedar nun corpo inanimado que trasladan dun lugar para outro; ao cabo, un dos nosos mitos fundacionais é un cadáver que arribou a Padrón. Imos precisar de tanta fe como a que alentou á nai de Rom Houben, que negou que o fillo padecese un coma, para convencernos de que ese corpo que pode ficar paralizado garda infinitas posibilidades e de que haberá quen as descubra para devolverlle a vida de seu. Custará sangue, suor e músculos.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité