30 novembre 2009
IMAXES DA REPÚBLICA DE PLATON
Platón retratou o poder en A república, Platon retrata os líderes da nova federación de repúblicas.
ENCASQUILLAMENTO
Un dos mellores escritores galegos aburriu. Botareino en falla.
A NOITE NA QUE FUN ÁNXEL FOLE
Houbo unha noite na que fun Ánxel Fole. Non é que levase unha cavicha colgando dos beizos nun equilibrio fráxil nin que cubrise a cabeza cun sombreiro de palla desleixadamente ladeado, nin sequera que me amarelecesen os dedos. Non. Acordei da noite na que fun Ánxel Fole porque a libraría Bertrand ofreceume entrar nun sorteo para cinco exemplares en portugués de ‘O símbolo perdido’, asinados polo seu autor, Dan Brown.
Eu nunca lle atopei o chiste a que un señor que todo o que ve en min é o billete de vinte euros que entreguei polo seu libro me asine unha obra. Eu nunca pido rúbrica ningunha aos escritores; de feito, sentínme perplexo a tarde na que Carlos Reigosa teimou en dedicarme ‘Irmán Rei Artur’ por telo entrevistado. O seu epílogo foi «vaiche gustar moito», polo que entendín que daba por suposto que ía lelo. Hai libros dedicados que causaron desacougos e non precisamente polo seu valor económico. Paul Theroux escribiu ‘La sombra de sir Vidia’ por mor dunhas sinaturas noutros libros seus.
O conto é que Theroux e sir Vidia Naipaul eran amigos de vello, e deixaron de selo cando o primeiro descubriu nunha libraría de ocasión varios exemplares que lle dedicara ao seu compadre. Houbo unha noite na que houben de presentar unha recompilación de artigos de Ánxel Fole feita por Alfonso Riveiro porque o seu autor non podía estar presente. Houbo un culturista chamado Raimon que teimou en que o autor lle asinase o volume. Eu razoei que non era Fole nin sequera Riveiro. Os meus argumentos non o convenceron e rubriquei co nome do mestre, tratando de representarme a súa sinatura insegura e irregular.
(artigo para El Progreso)
29 novembre 2009
ACHEGÁMONOS Á NORMALIDADE
Recoñezo que Galicia non é un país normal, pero empeza a parecelo. A sociedade organízase con éxito sen depender dos cálculos políticos. Iso si, non esquezamos os agradecementos a outros políticos.
27 novembre 2009
SANGUE, SUOR E MÚSCULOS
Un belga botou 23 anos no interior dun corpo errado. A culpa non foi de pretender el ser unha belga ou aspirar a protagonizar unha deses astracanadas que buscan o humor pola contradición, como ‘Big’ ou ‘¡Cariño, hemos agradado a los niños!’ Rom Houben estaba de realoxado nun físico equivocado porque non movía nin unha pestana, pero el era consciente do que acontecía fóra desa masa inerte de sangue, suor e músculos. Viviu nunha película coa que Coixet podería facer un remake de ‘Mi vida sin mí’. Galicia sufre nesta década a procesión dos caladiños con adeuses para os centros neuronais das macroempresas creadas e desenvoltas aquí. A maiores padece o risco de ficar tamén sen as entidades que fixeron correr o sangue prestatario para mantelas con folgos e medrando. Nos vindeiros anos, o noso país podería quedar nun corpo inanimado que trasladan dun lugar para outro; ao cabo, un dos nosos mitos fundacionais é un cadáver que arribou a Padrón. Imos precisar de tanta fe como a que alentou á nai de Rom Houben, que negou que o fillo padecese un coma, para convencernos de que ese corpo que pode ficar paralizado garda infinitas posibilidades e de que haberá quen as descubra para devolverlle a vida de seu. Custará sangue, suor e músculos.
26 novembre 2009
INVISIBLE, INVISIBLE, INVISIBLE
Hai un mes comprei na FNAC da Coruña Invisible e empecei a lelo. Acabou perdida na morea de libros que teño intención de ler e nunca darei lido. Hai unha semana chegoume Invisible e decidín que lle daría unha oportunidade se non chegan noticias de Invisible.
SHIVER, AGORA LOBOS
Tras os vampiros veñen os lobos:
"Ediciones SM publicará en España Shiver, de Maggie Stiefvater, una novela juvenil de corte romántico y sobrenatural que ha tenido un gran éxito en Estados Unidos, situándose en la lista de los diez libros más vendidos del New York Times durante diez semanas. El libro, que se publicará en español bajo el título de Temblor, saldrá a la venta el próximo mes de marzo con una tirada inicial de 40.000 ejemplares en castellano. Desde su publicación en julio de 2009, se han vendido más de 100.000 ejemplares en Estados Unidos, y se va a traducir a 20 idiomas. La historia está narrada en primera persona por los dos protagonistas, Sam y Grace. Durante años, Grace ha seguido los pasos de los lobos que viven en el bosque, cerca de su casa. Desde pequeña está obsesionada con uno de ellos, de ojos amarillos, que una vez la salvó del ataque del resto de la manada. Mientras tanto, Sam ha vivido dos vidas. En invierno: los bosques congelados, la protección de la manada, y la compañía silenciosa de una chica valiente. En verano: disfruta de unos preciosos meses de vuelta a la vida a la normalidad. Grace conoce un chico con los ojos amarillos cuya familiaridad le quita el aliento. Es su lobo. Tiene que serlo. Pero, el invierno se aproxima y vuelve el frío, Sam debe luchar para seguir siendo humano...o arriesgarse a perderse a sí mismo y a Grace...para siempre".
SUSO DE TORO VOLVE AO CORREO
Atopar unha información de Montse Dopico con Suso no Correo foi unha sorpresa ben agradable
""Se túa avoa Valentina casou cun fantasma teu pai e teu tío serían fillos medio fantasmais. Ti coa cuarta parte de fantasma. Esa parte fantasmal túa, ese cuarto de substancia que che falta, esa mancadura de nacemento".
e máis informarme de que Giráldez o entrevistara por longo
"O certo é que en min hai moitas contradicións: por exemplo entre a cultura popular e a cultura elevada. O que sucede é que a literatura popular é a verdadeira cultura. Eu reflexiono moito sobre a literatura, as artes, etc... Pero isto é sobre todo unha novela de misterio, que para min unha novela de misterio é a literatura por antonomasia. Hai unha historia e esa historia serve para deixar claros certos temas. Eu creo moito nas historias. Nun certo tremor ante o que vai pasar. Penso que ese é o auténtico poder da literatura."
VARELA: "HAY QUE ACABAR CON LAS SUBVENCIONES Y HABLAR DE INDUSTRIAS CULTURALES"
Información de Daniel Salgado, en El País: "El conselleiro de Cultura anunció ayer "un cambio gradual" en la política de subvenciones. "Hay que acabar con las subvenciones a las industrias culturales y comenzar a hablar, con propiedad, de industrias culturales", afirmó Roberto Varela en Ourense, donde presentó las líneas estratégicas de su departamento en difusión cultural. Además, se extendió, "se deberá seleccionar con un criterio de calidad, rentabilidad y excelencia artística lo que se produce y edita". Para Varela, cumplir esos objetivos pasa por priorizar el apoyo público a la promoción y a la difusión antes que a la producción cultural."
25 novembre 2009
CUNQUEIRO EN 100 FOTOS
O selo sarriao Ouvirmos vén de editar unha fotobiografía de Álvaro Cunqueiro na que se fai un repaso á vida do escritor a través de cen imaxes tiradas do seu álbum persoal. O volume irá acompañado de dous discos compactos nos que reúnen gravacións do propio autor xunto con unha escolla de poemas seus musicados. Un texto de César Cunqueiro figura as primeiras das perto de duascentas páxinas que ten unha primeira parte dedicadas a un cento de imaxes que referencian momentos importantes da vida persoal do escritor mindoniense que van acompañadas de comentarios da profesora da Universidade de Vigo Rexina Vega, autora de varios estudos sobre a obra do mindoniense. A obra ten tamén unha parte sonora na que participa outra volta Rexina Vega analizando dúas gravacións realizadas ao narrador de Mondoñedo e que dan contido ao compacto ‘A palabra'. Outro dos discos está integrado por unha escolla de poemas de Cunqueiro que foron musicados, como é o caso de ‘Quen poidera namorala’, en versión de Luís Emilio Batallán; ‘A dama que ía no branco cabalo’ e ‘O cabaleiro da pruma na gorra’, cantada por Amancio Prada; ‘Polos teus ollos’, interpretada por Sete Saias ou ‘Con auga de sede vella’, revisitada polo viveirense Jei Noguerol.