jeudi 3 décembre 2009
3?
Empezan a considerar unha terceira edición da novela que quitaron hai dous meses.
jeudi 3 décembre 2009
CALVEIRO "NON EXISTE UN DEREITO FUNDAMENTAL Á BANDA ANCHA"
Marcos Calveiro, avogado: "Non existe dereito fundamental ningún a ter unha conexión de banda ancha, nin no capítulo II Constitución Española nin na Declaración Universal de Dereitos Humanos hai tal, só faltaría".
"Algo fede nesta historia cando ata os neocons de Genova rachan as vestiduras ante o que califican de censura e atentado contra a liberdade de expresión."
jeudi 3 décembre 2009
GRATUITA, GRANDE Y LIBRE?
Gratuíta e libre son termos contraditorios se falamos de cultura. Se os creadores non temos unha compensación, non podemos ser libres para crear. Achegarte foi unha boa resposta diante da deserción de Cultura de cára a un escapate tan importante para a cultura galega, pero non pode ser o modelo de actuación. As industrias culturais non poden funcionar a base de que soamente haxa cartos para os promotores e os distribuidores, os xeradores tamén debemos de ter unha compensación digna ao noso esforzo.
