jeudi 31 décembre 2009

2010: A LIX ENTRA NA RAG

O 2010 DEBERÍA ser o ano no que a literatura infantil e xuvenil avanzase na súa dignificación entrando na Real Academia Galega a través de dous clásicos: Agustín Fernández Paz e Xabier Docampo.
Posté par Jaureguizar à 12:52 - Commentaires [2] - Permalien [#]

mercredi 30 décembre 2009

XAVIER QUEIPO: "A XUNTA REXEITOU 'PAPAVENTOS' E 'GANGA' PARA AS BIBLIOTECAS"

IAGO MARTÍNEZ entrevista a Xavier Queipo en Xornal: "A Xunta considerou que un libro como Papaventos, que falaba da bisexualidade, non era recomendábel para as bibliotecas. Pasoulle o mesmo a Antón Lopo con Ganga, por exemplo. As listas negras non son un mito. Existían de verdade."
Posté par Jaureguizar à 09:32 - Commentaires [9] - Permalien [#]
mardi 29 décembre 2009

2009: BROWN, MAALOUF, FERNÁNDEZ PAZ, CID CABIDO , RIVAS

GIRÁLDEZ PEDIUME unha escolla dos meus cinco do ano en galego para El Correo: O símbolo perdido, de Dan Brown. O novo supervendas da Factoría Brown non está no meu top five soamente pola súa funcionalidade: cumpre coas expectativas de lexibilidade, ritmo e intriga. Fundamentalmente está como símbolo de anormalidade: é o único best-seller, considerado no seu sentido máis puro, que puidemos ler este ano. A maiores, foi unha editora foránea, El Aleph, quen nolo achegou. Mágoa. A deleiva do mundo, de Amin Maalouf Seica... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:26 - Commentaires [4] - Permalien [#]
mardi 29 décembre 2009

AUSTER CONTA O COTÍO DE HOMES E MULLERES EN 'SUNSET PARK'

Begoña Molleda, Efe: "O escritor Paul Auster avanzou este luns en León que xa ten lista unha nova novela, que sairá en Estados Unidos o próximo novembro e titúlase Sunset Park, un nome que debe a un barrio do distrito neoiorquino de Brooklin. Trátase dunha obra actual, que se desenvolve desde novembro de 2008 ata maio de 2009 e na que conta o día de hoxe de múltiples protagonistas, «o mesmo número de homes que de mulleres».
Posté par Jaureguizar à 10:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 29 décembre 2009

FERRÍN CONSENSUARÁ A XUNTA DIRECTIVA DA RAG

X. M. DEL CAÑO, en La Opinión: "El escritor Xosé Luís Méndez Ferrín consensuará en un plenario con los demás miembros numerarios la composición de la junta directiva de la Real Academia Galega. De momento, Ferrín se perfila como el único candidato, con importantes posibilidades de resultar elegido, al perder consistencia la alternativa que se intentó formar en torno al Instituto da Lingua Galega (ILG) y de que el director de Galaxia, Víctor Fernández Freixanes, ratificara ayer a este diario que descarta encabezar una alternativa.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:56 - Commentaires [2] - Permalien [#]
lundi 28 décembre 2009

O 'PASTOR DÍAZ', DESERTO

El jurado encargado de fallar el VII Premio de Novela Pastor Díaz de Viveiro ha decidido, por unanimidad, declarar el premio desierto al considerar que ninguna de las quince obras presentadas es merecedora del galardón, que asciende a 3.000 euros. El jurado –compuesto por Aurora Palmeiro Castro, Xoán Neira López y Ramón Pernas López - se reunió a las 11 hrs de esta mañana y determinó dejar desierto el premio. (COPE de la Costa, Aviso de Doink)
Posté par Jaureguizar à 18:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 28 décembre 2009

SEN NOVIDADE NAS TABERNAS

O ANINOVO non vai traer sorpresas na rúa das Tabernas da Coruña, vai traer a Ferrín como presidente da RAG a mediados de xaneiro. O escritor postulouse por carta e os integrantes do noso sistema cultural asinaron o acuse de recibo cun entusiasmo unánime. Nas bancadas da oposición fica Alonso Montero, e fóra, o reintegracionismo, que, por outra banda, estrea academia de seu. A Xunta xa enviou recado de que prefire outro candidato, mesmo San Caetano citou nomes de ‘galácticos’, como Freixanes —que se fixo a un lado— ou Díaz Fierros,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 27 décembre 2009

POLANSKI BERRA DENDE O BURATO

Polanski: "Joyeuses fêtes de fin d’année à vous, aux vôtres – et, à travers vous, à tous ces amis anonymes que je découvre jour après jour et qui m’ont tant aidé". "Happy holidays to you and yours — and, through you, to all of these unknown friends whom I am discovering day after day, and who have helped me so much."
Posté par Jaureguizar à 21:00 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mercredi 23 décembre 2009

OS ESCRITORES TAMÉN QUEREN FERRÍN

Ferrín está pasando de maioría absoluta a unanimidade no noso sistema literario.
Posté par Jaureguizar à 10:17 - Commentaires [5] - Permalien [#]
mardi 22 décembre 2009

O CRIPTOCATOLICISMO ALUMA OS ANOS ESCUROS DE SHAKESPEARE

William Shakespeare era un criptocatólico que pasou ademáis algúns anos en Italia, según pode deducirse de varias inscripcións nun libro de peregrinos. Así o afirma pai Andrew Heaton, vicerreitor do Venerable English College, un seminario romano para curas católicos ingleses, que organizou unha exposición nese centro.
Posté par Jaureguizar à 18:09 - Commentaires [0] - Permalien [#]