Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 janvier 2010

UN ANANO DELGADO

TODOS sabemos que dentro de cada lucense habita un alcalde e un garda de tráfico que non deron medrado. A novidade deste ano é que tamén habita un etnógrafo. Non comprendo doutro xeito todas as argumentacións que caen sobre O Apalpador coma a neve desta invernía: tapándoo todo, pero sen callar. Descoñezo a raigame e a estensión desta figura, pero tampouco me explico que alguén poida sentirse afectado porque se intente recuperar e espallar unha tradición do Courel. O único que tería algo que protestar sería Santa Claus porque lle vai no negocio. El pode alegar tanta antiguedade como O Apalpador porque Papa Noel é o ‘star system’ dos mitos do centro e o oeste de Europa. Malia a imaxe que temos hoxe, Santa Claus foi caracterizado a primeiros do século XIX coma un anano delgado. Sería o debuxante alemán Thomas Nast quen o axeitou coma ese larpeiro que sorrí amplamente malia que o seu físico repoludo non transmite máis que artrose e gota. Postos a pedir informes sobre o ADN de cada quen, deberíamos pensar na vantaxe que ten O Apalpador: que é galego. Se os da Coca-Cola tinxiron de veremllo as roupas brancas de Santa Claus polas súas cores corporativas, non vexo problema en que nós recorramos a un mito propio coa fin de promocionarnos como país. (Artigo para El Progreso)

Publicité
Publicité
Commentaires
M
eu nunca escoitara falar del tampouco. O mesmo me pasou co Samaín... vaia, así que temos tradicións que décadas despois chegan metamorfoseadas cos ianquis...
Répondre
J
pois xa é rebuscado o seu, Parvotron
Répondre
P
Todo un recado para o pai desa "amiga" do galego, Marta Rivera de la Cruz.<br /> <br /> Paco Rivera dixo "NO fui porque no pude a lo del “apalpador”; en la promoción de la radio se decía algo así como “al igual que todos los años baja de las montañas de o Caurel…”. Verán, llevo mucho en este mundo y controlando bastante bien lo que sucede en la vida de nuestras ciudad. Nunca, pero NUNCA (con mayúsculas) había oído hablar del “apalpador” hasta el año pasado y nunca, hasta ahora supe que otros años hubiese venido por aquí. Como es un personaje que se han sacado de la manga para los niños, me imagino la empanada mental de los pequeños: Reyes Magos, Santa Claus, Papa Noel, el “apalpador”…"<br /> <br /> http://pacorivera.elprogreso.info/?p=928
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité