vendredi 15 janvier 2010

ALPINISTA

Levo tempo describindo a miña expedición Everest 2012; aos amigos. Asegúrolles que subirei ao curuto do planeta dentro de dous anos. Mesmo enumérolles as marcas das roupas térmicas que vou usar e os modelos de piolets que precisarei. Eles saben que nunca vou executar ese soño, pero son tan educados que disimulan e opinan sobre o meu equipo de escalada. En montañismo hai dous xeitos de ascender: o himalaísmo (subir un treito, asentar unha base e descender antes de volver escalar) e o alpinismo (un ascenso directo e ininterrompido).... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:28 - Commentaires [12] - Permalien [#]