Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 janvier 2010

A MONTAXE DO DIRECTOR

Andaba agora pensando na creación do Universo e botaba en falla a montaxe do director. Os realizadores teñen uns deseños impecables e esplendorosos para os filmes que sempre lles estragan os productores, que son os que negocian os créditos convidado a perdices en chocolate aos directores dos bancos. Seguro que o noso planeta, por exemplo, era moito máis bonito no primeiro borrador de guión. Teño Haití na cabeza, pero non só; tamén outras desgrazas individuais. Menos trascendentais cas que aterran a Munilla, claro. Unha tía miña condenaba ás vítimas das catástrofes aseverando que a culpa era que vivían “de costas a Deus” e eran homosexuais e violadores, dúas condicións que ela incluía na mesma categoría moral. Supoño que, se virándose cara a Deus, evita un que se lle veña a casa enriba, non habería mortos por catástrofes naturais. O malo das desgrazas é que non fan distingos territoriais: tanto lles atacar ao país máis rico, asolagando Nova Orleans, como esmagar o máis pobre. Os cataclismos andan deslocalizados coma se fosen fábricas da Nissan e carecen do máis mínimo sentido da xustiza poética, pero ese defecto é tamén común á lotería. Iso si, cando cae en casa dun desempregado, a xente viste o gorriño de Robin Hood e dispara co seu arco contra dos adiñeirados aledándose de que a fortuna compense o que a sociedade rexeita compensar. (Artigo para El Progreso)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 430
Publicité