jeudi 21 janvier 2010

A MONTAXE DO DIRECTOR

Andaba agora pensando na creación do Universo e botaba en falla a montaxe do director. Os realizadores teñen uns deseños impecables e esplendorosos para os filmes que sempre lles estragan os productores, que son os que negocian os créditos convidado a perdices en chocolate aos directores dos bancos. Seguro que o noso planeta, por exemplo, era moito máis bonito no primeiro borrador de guión. Teño Haití na cabeza, pero non só; tamén outras desgrazas individuais. Menos trascendentais cas que aterran a Munilla, claro. Unha tía miña... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 21 janvier 2010

UNHA HISTORIA QUE VOU CONTAR

Hai dúas clases de escritores galegos: estamos todos e está o outro. Levo 50 páxinas, pero non deixei de fascinarme, de sorprenderme e de rir.
Posté par Jaureguizar à 13:14 - Commentaires [6] - Permalien [#]