Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 janvier 2010

SEGUNDA DIMISIÓN DE VARELA? PRIMEIRA DE LORENZO?

O ruxerruxe de que Roberto Varela dixo a Feijoo que marchaba do executivo esta mañá en Fitur súmase a outros no mesmo sentido. A primeira dimisión teríase producido en xullo, no patio do Hostal dos Reis Católicos, diante de varios persoeiros da nosa cultura. O conselleiro, que levaba xa dous meses e e medio explicando que a cultura galega non é necesariamente en galego, tivo que aturar rifas de varios presentes e tirou de móbil para chamar ao presidente. Nada pasou daquela. Seica esta mañá en Fitur foron vistos tamén en harmonía. Disque o responsable de cultura anda fóra de si polos titulares composteláns. Por outra banda, o entorno afectivo de Anxo Lorenzo anda aconsellándolle que dimita antes de que o dimitan (algo no que non que non acredito porque é un aval galeguista xunto con López Barxas no goberno nacional), uns consellos que se intensificaron tras a resposta da maioría opinante da sociedade galega. Polo de agora, el ten fe en poder manter os seus intentos porque o galego non perda tanto espazo como perdería sen o seu concurso.

Publicité
Publicité
Commentaires
V
Non sei se demitirá. Se os que ata agora eran compañeiros e amigosa meus dixesen de min que o meu traballo é ideoloxicamente despreciable e tecnicamente unha trapallada, eu sentiríame fatal. Non se me ocorren moitas cousas peores.
Répondre
U
De non mediar nomeamento, Lorenzo estaría na manifestación de Compostela. El é así. Se non demite desta, coidado con el. A furia dos conversos, os coletazos cegos do moribundo e todo iso.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité