lundi 25 janvier 2010

O OULET DA CULTURA GALEGA

NAPOLEONE di Buonaparte naceu corso. De feito, no momento en que a comadroa o collía en brazos para limpalo de sangue e xelatinas, o exército galo entraba en Ajaccio tras derrotar aos nacionalistas, nos que militaba o pai do futuro emperador. Max Gallo conta na súa amena biografía sobre o ditador ilustrado que na Academia de Autun, onde o enviaron de neno, cederon aos alumnos dous metros cadrados de terreo. Napoleón, que daquela odiaba aos franceses, comportouse coma un galego de vello: puxo un valado ao redor do anaco de leira que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:39 - Commentaires [1] - Permalien [#]

lundi 25 janvier 2010

11 PETICIÓNS DE QUE CESE O CONSELLEIRO DE CULTURA

Galegos con Premio Nacional español: "O señor conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia vén de facer pública, e non por primeira vez, unha análise da cultura galega temeraria e negativa. Antes xa nos ten ofrecido a súa opinión de que “a cultura galega limita”, unha descualificación da nosa mesma identidade colectiva. Deberemos deixar de ter cultura propia, deixar de sermos galegos para non estar “limitados”? Como pode protexer e traballar a prol da nosa cultura quen se expresa con ese fondo complexo de inferioridade identitario?... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:55 - Commentaires [1] - Permalien [#]
lundi 25 janvier 2010

ROBERTO VARELA: "NON VOU DIMITIR"

ROBERTO VARELA, en Xornal: "Non vou responder aínda a carta dos Premios Nacionais porque non a coñezo, pero nin se me pasa pola cabeza dimitir". Con estas palabras, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, abordou a misiva dos once escritores en galego laureados co galardón do Estado Español na que lle esixen a Varela que abandone o seu cargo por falta de consideración e descoñecemento da cultura galega.
Posté par Jaureguizar à 16:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 25 janvier 2010

11 AUTORIDADES SOLICITAN A ROBBY QUE MARCHE

Once autores galegos, con obras escritas en lingua galega, recibiron nos últimos vinte e cinco anos o Premio Nacional de Literatura que concede o Ministerio de Cultura. Uns como narradores ou autores de textos teatrais, outros como ensaístas ou tradutores. Cada un dende as súas coordenadas estéticas e políticas, cada un a lombos de cadansúa xeración. Ao longo deste tempo, os premiados nunca se presentaron publicamente todos xuntos. De feito, até que asinaron a carta que se fará pública nas próximas horas, só tiñan en común unha liña... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:40 - Commentaires [2] - Permalien [#]