Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 janvier 2010

ESTE QUEIXO É BO?

EÇA DE Queiroz aproveitou os anos como cónsul en París para zumegar unhas crónicas ácedas e sensatas que publicaba a Gazeta de Notícias. Nun apuntamento de 1894 denuncia a tendencia humana «a facer preguntas tan inútiles como necias, das que coñece de antemán a resposta». Exemplifica dicindo que «non hai quen, cando entra nun ultramariños para comprar un quilogramo de queixo, non pregunte ao tendeiro: «Este queixo é bo?» O escritor contéstase: «Como se algunha vez, dende que existen homes e queixos, algún tendeiro respondera con noxo: ¡Non, señor, non vale para nada!» Engade que «daquela empezaríamos a desconfiar do comerciante». Pouco axuda nun ano tan fundamental para o país no eido económico que a persoa que debe ofertalo xenere inseguridade sobre a súa potencialidade e que deban lanzarse os fabricantes do queixo a defender a súa calidade. Precisamente o comerciante debería tomar a iniciativa proclamando as bondades do recendo a prados verdes e a textura cremosa do queixo se non queremos que Galicia acabe sendo coñecida pola familia monoparental de Gran Hermano, Pilarita e Saray; as películas fellinianas que roda Totó García na Torre de Hércules ou o matrimonio morganático da Esteban, que casou cun fillo de galegos.  (Artigo para El Progreso e De Luns a Venres)

Publicité
Publicité
Commentaires
B
Non é igual. Á marxe de que sexa ou non empresa (non o é), coido que Varela en ningún caso dixo que o que se fixera en Galicia fora malo. Ata onde eu sei, que é o que din os periódicos. O que dixo foi que os creadores non querían saír do seu tobo (ideolóxico ou doutra caste), mais non falou do que creaban. Logo aínda dixo que lle parecía moi bo, supoño que abrindo o paraugas.
De tódolos xeitos, semella que tanto ten o que pense: se non lle gusta o que hai, zóscanlle os creadores, e aínda que lle gustara, o seu goberno non lle había deixar facer.
Répondre
M
Se o señor conselleiro fose un traballador e a nosa Cultura unha empresa, podería ser despedido inmediatamente:

Estatuto dos Traballadores, art. 54. Despido disciplinario.

1. El contrato de trabajo podrá extinguirse por decisión del empresario, mediante despido basado en un incumplimiento grave y culpable del trabajador.

2. Se considerarán incumplimientos contractuales:

1. (...)

3. Las ofensas verbales o físicas al empresario o a las personas que trabajan en la empresa o a los familiares que convivan con ellos.
Répondre
P
O problema non está en preguntar, senón en ter que dicir sempre que o queixo é bo, aínda que non sexa certo. Como noutros sitios, nesta tenda haberá queixos bos, malos e regulares, e o que ten que facer o tendeiro é gañar a confianza dos clientes para que lle sigan mercando, porque pódese colar queixo malo unha vez, pero para a seguinte o cliente vai comprar noutro ultramariños. E os fabricantes de queixo ben poden dedicarse a facer bos produtos no canto de esixirlle ao tendeiro que lle compre o queixo, sexa bo ou non. Por certo que o queixo galego, o que se di queixo galego, si se vende mais por queixo que por galego, que diría Xosé Luís Barreiro. Non coma outras cousas.
Répondre
J
eu dobro os cadrís agradecido
Répondre
D
Súmome á ovación...
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité