vendredi 29 janvier 2010

DOLORES VILAVEDRA: "CID CABIDO REVELA O POTENCIAL LITERARIO DE VIGO"

Dolores Vilavedra, en El País: [Cid Cabido consegue en Unha historia que non vou contar aproveitar a fondo o que a priori era só, nin máis nin menos, unha boa historia: o asasinato nos anos 70 dun coñecido empresario da conserva, e as hipotéticas conexións do crime co sonado caso Reace. Como Capote no seu día, Cid tira da realidade historia e personaxes e revélanos unha vez máis (xa o fixera en Panificadora) o potencial literario de Vigo. Protagonizada por un personaxe doadamente identificable cun trasunto do autor empírico que nos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:48 - Commentaires [1] - Permalien [#]

vendredi 29 janvier 2010

VIXIANDO O CENTEO DE XERAIS

Esquecín onte de que Salinger miraba do centeo en Xerais.
Posté par Jaureguizar à 16:41 - Commentaires [3] - Permalien [#]
vendredi 29 janvier 2010

ESTE QUEIXO É BO?

EÇA DE Queiroz aproveitou os anos como cónsul en París para zumegar unhas crónicas ácedas e sensatas que publicaba a Gazeta de Notícias. Nun apuntamento de 1894 denuncia a tendencia humana «a facer preguntas tan inútiles como necias, das que coñece de antemán a resposta». Exemplifica dicindo que «non hai quen, cando entra nun ultramariños para comprar un quilogramo de queixo, non pregunte ao tendeiro: «Este queixo é bo?» O escritor contéstase: «Como se algunha vez, dende que existen homes e queixos, algún tendeiro respondera con... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:25 - Commentaires [6] - Permalien [#]
vendredi 29 janvier 2010

BARREIRO: "LA CULTURA GALLEGA VENDE MÁS POR GALLEGA QUE POR CULTURA"

Xosé Luís Barreiro, en La Voz: [Yo también creo que, a pesar de sus brillantes y competitivas excepciones, la cultura gallega está ensimismada, que vende más por gallega que por cultura, que está llena de tutores que nos dicen lo que tenemos que hacer y adónde debemos ir, que gira siempre sobre los mismos temas, y que necesita un baño de internacionalización, pluralismo, diversidad y desacralización. También estoy convencido de que la cultura padece un desequilibrio literario que la llena de moho, y que está presa de la condición de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:11 - Commentaires [3] - Permalien [#]
vendredi 29 janvier 2010

ALEGACIÓNS SOAMENTE ATA HOXE

O prazo para facer alegacións contra o decreto do plurilingüísmo no ensino remata hoxe. A Asociación de Escritores ten un formulario.
Posté par Jaureguizar à 13:07 - Commentaires [0] - Permalien [#]