dimanche 31 janvier 2010

DÚAS FULANAS NEERLANDESAS

ARRINCONEI NA miña libraría as obras dedicadas. Xuro que nunca solicitei nin a primeira rúbrica. Unha vez entrevistei a Carlos Reigosa. El trouxome o seu ‘Irmán Rei Artur’ como detalle a un descoñecido. Prescribiumo botando uns riscos coa convicción leda dun médico do Sergas ás dúas do venres-tarde afirmando: «Vaiche gustar». Hai que ter ousadía para regalar un libro teu, pero debe disporse da seguridade propia dun banco suízo para espetarlle a alguén que vai gozalo. Eu sempre fun prudente no dedicar e no ser dedicado. A verdade sobre... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]