dimanche 31 janvier 2010
DÚAS FULANAS NEERLANDESAS
ARRINCONEI NA miña libraría as obras dedicadas. Xuro que nunca solicitei nin a primeira rúbrica. Unha vez entrevistei a Carlos Reigosa. El trouxome o seu ‘Irmán Rei Artur’ como detalle a un descoñecido. Prescribiumo botando uns riscos coa convicción leda dun médico do Sergas ás dúas do venres-tarde afirmando: «Vaiche gustar». Hai que ter ousadía para regalar un libro teu, pero debe disporse da seguridade propia dun banco suízo para espetarlle a alguén que vai gozalo. Eu sempre fun prudente no dedicar e no ser dedicado. A verdade sobre... [Lire la suite]
vendredi 29 janvier 2010
DOLORES VILAVEDRA: "CID CABIDO REVELA O POTENCIAL LITERARIO DE VIGO"
Dolores Vilavedra, en El País: [Cid Cabido consegue en Unha historia que non vou contar aproveitar a fondo o que a priori era só, nin máis nin menos, unha boa historia: o asasinato nos anos 70 dun coñecido empresario da conserva, e as hipotéticas conexións do crime co sonado caso Reace. Como Capote no seu día, Cid tira da realidade historia e personaxes e revélanos unha vez máis (xa o fixera en Panificadora) o potencial literario de Vigo. Protagonizada por un personaxe doadamente identificable cun trasunto do autor empírico que nos... [Lire la suite]
vendredi 29 janvier 2010
VIXIANDO O CENTEO DE XERAIS
Esquecín onte de que Salinger miraba do centeo en Xerais.
vendredi 29 janvier 2010
ESTE QUEIXO É BO?
EÇA DE Queiroz aproveitou os anos como cónsul en París para zumegar unhas crónicas ácedas e sensatas que publicaba a Gazeta de Notícias. Nun apuntamento de 1894 denuncia a tendencia humana «a facer preguntas tan inútiles como necias, das que coñece de antemán a resposta». Exemplifica dicindo que «non hai quen, cando entra nun ultramariños para comprar un quilogramo de queixo, non pregunte ao tendeiro: «Este queixo é bo?» O escritor contéstase: «Como se algunha vez, dende que existen homes e queixos, algún tendeiro respondera con... [Lire la suite]
vendredi 29 janvier 2010
BARREIRO: "LA CULTURA GALLEGA VENDE MÁS POR GALLEGA QUE POR CULTURA"
Xosé Luís Barreiro, en La Voz: [Yo también creo que, a pesar de sus brillantes y competitivas excepciones, la cultura gallega está ensimismada, que vende más por gallega que por cultura, que está llena de tutores que nos dicen lo que tenemos que hacer y adónde debemos ir, que gira siempre sobre los mismos temas, y que necesita un baño de internacionalización, pluralismo, diversidad y desacralización. También estoy convencido de que la cultura padece un desequilibrio literario que la llena de moho, y que está presa de la condición de... [Lire la suite]
vendredi 29 janvier 2010
ALEGACIÓNS SOAMENTE ATA HOXE
O prazo para facer alegacións contra o decreto do plurilingüísmo no ensino remata hoxe. A Asociación de Escritores ten un formulario.
jeudi 28 janvier 2010
O VIXILANTE DO CENTEO FINOU
J.D.Salinger, author of Catcher in the Rye and with it, a literary template for teenage rebellion that has been followed faithfully ever since, has died. A statement from the author's son, released via his publicist (more on this funny word later), said that the 91 year old recluse had died of old age in New Hampshire, where he'd lived in isolation for decades.
jeudi 28 janvier 2010
A POLICÍA INVESTIGA O ATAQUE CONTRA BLANCO VALDÉS
[A vivenda do catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela e coñecido articulista de opinión, Roberto Blanco Valdés, foi atacada esta madrugada cun artefacto explosivo de fabricación caseira que provocou escasos danos materiais. Segundo confirmou a Europa Press Blanco Valdés, este non é o primeiro ataque que dirixen contra a súa vivenda, xa que o pasado 1 de novembro localizou un cóctel molotov que fora lanzado ao xardín, pero que non chegou a explotar, e o día 10 dese mesmo mes foi queimada unha... [Lire la suite]
jeudi 28 janvier 2010
FERNÁNDEZ PAZ: "HAI MOTIVOS EVIDENTES PARA QUE VARELA DIMITA"
[O Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de 2007 Agustín Fernández Paz, asegurou hoxe que hai "motivos moi evidentes" para solicitar a dimisión do conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Fernández Paz, que recorda que as opinións persoais de Varela son moi “respectábeis”, explica que o representante da Cultura galega “non pode cargar contra o que di defender”.]
jeudi 28 janvier 2010
BOMBAS DE PALENQUE CONTRA ROBERTO BLANCO VALDÉS
tinosantiago, en Twitter:
Esta noite puxeronlle tres bombas de palenque na casa de Roberto Blanco Valdés.