jeudi 7 janvier 2010

FERNÁNDEZ DEL RIEGO COLLE UN DESCANSO NA FUNDACIÓN PENZOL TRAS 46 ANOS

Francisco Fernández del Riego deixa a dirección da Fundación Penzol tras 46 anos no seu 97 aniversario. O seu posto ocuparao Francisco Domínguez Martínez. A fundación informa: "D. Francisco levaba máis de 46 anos desempeñando esta función de maneira totalmente gratuita. Durante este tempo promoveu e levou a cabo a organización e catalogación dos seus fondos, conseguindo do Concello de Vigo o asentamento nas actuais dependencias na casa da Cultura, así como o establecemento dun convenio que supón dispoñer de persoal... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:14 - Commentaires [3] - Permalien [#]

jeudi 7 janvier 2010

ARTURO SOUTO: OS BLOGS NON SON O QUE ERAN

Arturo Souto, en Xornal: "Con isto do Facebook, o Twitter e as novas redes sociais, os blogs xa non son o que eran. Foron perdendo visitas, foron cambiando de enfoque, pero aquí seguen, pese aos moitos certificados de defunción que recibiron. É o caso de dúas das bitácoras máis influentes do mundo cultural galego: Brétemas, de Manuel Bragado, o director de Edicións Xerais, e Cabaret Voltaire, do escritor e xornalista Santiago Jaureguizar, que nestes primeiros días de 2010 cumpriron cinco anos de vida."
Posté par Jaureguizar à 23:07 - Commentaires [3] - Permalien [#]
lundi 4 janvier 2010

O XURADO FALA NO DESERTO

OS DOUS últimos premios de novela galega que se fallaron, O Barco de Vapor e o Terras de Viveiro, quedaron desertos. Cando un concurso se resolve sen gañador, adoita erguerse un ruxerruxe a respecto de intereses escuros. O comentario que se impón tras os informes do Banco Central Europeo destes meses é que a crise está deixando as arcas institucionais baleiras coma novelas de Victoria Holt, polo que evitan concederse para aforrar os cartos. Hai unha lenda urbana, que ten máis estirpe —polo tempo, non pola veracidade—. Afirma que os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:36 - Commentaires [16] - Permalien [#]
vendredi 1 janvier 2010

UN ANANO DELGADO

TODOS sabemos que dentro de cada lucense habita un alcalde e un garda de tráfico que non deron medrado. A novidade deste ano é que tamén habita un etnógrafo. Non comprendo doutro xeito todas as argumentacións que caen sobre O Apalpador coma a neve desta invernía: tapándoo todo, pero sen callar. Descoñezo a raigame e a estensión desta figura, pero tampouco me explico que alguén poida sentirse afectado porque se intente recuperar e espallar unha tradición do Courel. O único que tería algo que protestar sería Santa Claus porque lle vai... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:48 - Commentaires [3] - Permalien [#]