O editorialista Xosé Carlos Caneiro contesta a dúas críticas a través de mensaxes que lle atribúe 'Luca', quen copia de Brétemas, e reproduce no escenario aberto do Cabaret Voltaire. Caneiro asegúralle a 'Fran' que "non recibo subvencións para organizar eventos, como outros, nin doutra clase" e pregúntase "¿podería vostede explicitar por que son un estómago agradecido? ¿Agradecido a quen? A miña independencia, tamén a miña soidade, fanme obxecto de imprecacións como a súa, francamente mal intencionada". A segunda contestación é a unha afirmación de Bragado, daquela deféndese aseverando que "percibo con abraio a cualificación que profesas sobre o meu tránsito cara á 'extrema dereita', nada menos. Non é propia da consideración en que teño o teu intelecto. Resulta que opinar libremente, como fixen durante toda a miña vida, incluso en tempos máis escuros que este que moramos, obtén pola túa parte unha excluínte categorización política".
Commentaires sur EDITORIALISTA VS. EDITOR
- Pelexa a morte na cima do FaroJiJi,Ji....¿Para cando a pelexa na cima do Faro? Eu vou de padriño dun dos dous, ou de xuiz, ou de cura...ou do que se precise. Ben o sabes, Santiago.
- Viva mi dueñoAgora que Conde amosa as sús diferenzas coa dereita (e volve a escribir en galego,parabéns Alfredo) o PP necesita dalgún intelectual para lavar a cara da súa mesura e bilinguismo e don Santiago Rey, noutro acto de xenerosidade desinteresada ao país, cédelle ao Caneiro que así ten un altofalante para publicitar a súa independencia e liberdade (a de Caneiro). Deste xeito o noso libérrimo Sánchez Dragó enxebre pode falar das bondades do Decreto Feijóo (Caneiro, prepárate cando vaias a Vilariño de Conso) e estar seguro de que a este paso no futuro as nosas crianzas, para as que tanto reclama cultura, serán analfabetas nese idioma no que el escribe os seus libros. Claro que sempre poderá facer como en La Voz e así o entenderá todo o mundo. No fondo o tipo e simpático, cando se mete con De Toro ou Rivas e fala do libre que é el fronte aos intelectuais abeirados ao poder e que non lle debe nada a ninguén. Seguro que non, pero a min e a moitos gustaríanos escoitar máis nos nosos medios públicos a Rivas ou a de Toro (ou polo menos algo) e menos a el. En literatura non, pero niso si que lles gaña por goleada.
PD: E xa, para quedar a gusto, dicir que a literatura de Jaureguizar me parece infame. Adeus a todos e sorte.
Nouveau commentaire