mardi 2 février 2010

CONSELLO DA CULTURA: "NON SE PODE TRATAR IGUAL AOS DESIGUAIS"

Xornal: [O presidente da institución, Ramón Villares, sinalou que "non se pode tratar igual aos desiguais" e que, ante o seu "estatus desigual", a Xunta "debe fomentar políticas que tendan á promoción do galego".]
Posté par Jaureguizar à 20:08 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 2 février 2010

A EDUCACIÓN DE HORNBY, AOS OSCARS

Calveiro, en twitter: "O gran Nick Hornby nominado ao oscar polo guión adaptado de An education"
Posté par Jaureguizar à 20:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 2 février 2010

O LEÓN PORTUGUÉS SOPRARÁ EN SANTIAGO

Aínda lembro a fascinación que nos produciu Como o vento de Sétima Legião. Despois viñeron Josito e os seus a remarcarnos o vigor do tema e, por último, Xurxo deulle outro novo sopro que chegou ata Nao e Ruxe Ruxe. A fin de mes, O León estará en Santiago, cantando algunha que outra marabilla.
Posté par Jaureguizar à 18:37 - Commentaires [2] - Permalien [#]
mardi 2 février 2010

VARELA EXPLÍCASE COS 11 DO MANIFESTO DOS 11

Roberto Varela enviou unha carta aos asinantes do Manifesto dos 11 no que [loa a traxectoria dos escritores, así como o valor da cultura que se fai na Galiza, e asegura que as súas verbas foron un equívoco.]
Posté par Jaureguizar à 08:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]