dimanche 7 février 2010
VARELA. " A CULTURA GALEGA ESTÁ TAN SUBVENCIONADA COMA CALQUERA OUTRA"
ROBERTO VARELA recoñécelle a Iago martínez, en Xornal: "A cultura galega está tan subvencionada coma calquera outra, niso non somos nin máis nin menos. Quizais o que lles molestou aos editores foi o de que se producen demasiados libros. (...) Non sei por que os editores se sumaron a esta campaña, a esta carta, pero nós temos unha excelente relación con eles. Estamos no mesmo carro, pero eu teño a responsabilidade de adoptar unha política. Non podo facer o que todo o mundo me di que teño que facer. Dende o diálogo, pero teño esa... [Lire la suite]
dimanche 7 février 2010
CONDE: "ALGUNHA RAZÓN SI QUE A TEN"
ALFREDO CONDE, EN EL CORREO: "O primeiro que debería facer o señor conselleiro, pra demostrar que non ten a cabeza nos pés, é disculparse, dicir equivoquéime, eiquí non pasa nada, sentémonos, falemos e vexamos de facer a cousas polo dereito. Coido que ninguén se negaría a falar con il a modo das cousas que a todos nos preocupan porque, no fondo, todos sabemos que algunha razón si que a ten".
dimanche 7 février 2010
DE TORO: "NON HOUBO NOVOS ESCRITORES QUE ACADASEN O PÚBLICO CON NORMALIDADE"
SUSO DE TORO dille a Xan Carballa en A Nosa Terra: "O meu primeiro libro publícoo no 1984 e Polaroid no 1986. Naquel tempo formulaba a idea de que a literatura galega tiña que pasar de vivir na resistencia ou a supervivencia a instalarse na existencia, na normalidade. Tiñamos que conseguir que o pacto do escritor coa súa sociedade non fose repetir as consignas galeguistas senón fornecerlle literatura aos lectores e facelo en lingua galega. En paralelo sinalaba que as editoriais debían deixar de ser fundacións e pensar en... [Lire la suite]
dimanche 7 février 2010
UN BOOKER DOS 70
OS ORGANIZADORES do premio máis reputado da Commowealth, o Booker Price, decidiron embarcarse na máquina do tempo de Herbert George Wells abrindo unha posibilidade de intervir no pasado, á que Antón Rebollido podería dedicarlle toda unha madrugada da Radio Galega, para procurar a novela que debería ter gañado o premio no 1970. Naquel ano non se desenvolveu a convocatoria porque o premio pasou a recoñecer obras publicadas tempo atrás para facelo cunha editada no mesmo ano. Algo así como o que deberíamos facer co Día dos Poetas Mortos... [Lire la suite]