Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 février 2010

UNHA NOVELA NUCLEAR DE FERNÁNDEZ PAZ SEGUE INÉDITA

A primeira obra longa que escribiu Agustín Fernández Paz foi unha novela negra na que abordaba o intento de chantar unha central nuclear en Xove. A obra, que tiña como frecha dramática o asasinato dunha xornalista, segue nun borrador na casa do noso clásico dende hai trinta anos. Agustín asegura que a renuncia a construír a dotación levou canda si a oportunidade para publicar ese libro. Eu discrepo. O que si teremos na primavera é 'Fantasmas de luz', unha novela que publicará Xerais, sobre un empregado dun grande cinema urbano que fica no paro aos 50 anos. O autor sinala que "o home recorre a películas que lle gustaron para enfrontar situacións complicadas".

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité