jeudi 11 février 2010

6 ANOS DE LUISA CASTRO NA VOZ EN 'MELANCOLÍA DE SOFÁ'

Luisa Castro vén de quitar en Xerais 'Melancolía de sofá', que escolma seis anos de artigos na Voz. Segundo a escritora, o título fai referencia a "a un estado de ánimo habitual, porque a xente queda pegada ao sofá e ás pílulas para durmir diante desta época de barbarie e crise".
Posté par Jaureguizar à 17:46 - Commentaires [1] - Permalien [#]

jeudi 11 février 2010

DE LA CRUZ RODARÁ EN FEIJOTOWN

O director de 'Os mortos van á présa', Ángel de la Cruz, ambientará a súa nova película, 'Traíñas' na Ribeira Sacra e nos Peares. Negou ''o oportunismo'' de ir filmar na vila natal do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ''porque xa estaba decidido antes das eleccións''. Indica De la Cruz que ''a idea de ambientalo alí foi de Antonio Durán, Morris, que tamén naceu nese lugar''. Baixo o nome de 'Traíñas', o realizador anunciou que ''imos levar o mar ao sur da provincia de Lugo'' para contar unha historia dun empresario vasco do... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 11 février 2010

DOMINGO VILLAR, ANN ALFAYA E XABIER QUIROGA ARELAN CLEMENCIA

O Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente xa ten finalistas: A praia dos afogados, de Domingo Villar; O cabo do mundo, de Xabier Quiroga, e Areaquente, de An Alfaya, que competirán na modalidade de Lingua Galega. (Galicia Hoxe)
Posté par Jaureguizar à 08:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]