Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 février 2010

AFEITADO

DURANTE o retroceso económico dos anos 80 coñecín en Asturias un home ao que contraban para despedir traballadores. Aquel corentón non tiña fillos, nin unha ex noiva coa que mirar ‘Gran Hermano. El reencuentro’, pero proxectaba un halo de pracidez moral estomagante. Agora, George Clooney representa un deses profesionais en ‘Up in the air’ e seica deu sorte aos 22 desempregados que colaboraron na rodaxe porque case que todos atoparon nova ocupación. Foi o caso de Andy Glantzman, quen asegura que o balance emocional diante das cámaras axudoulle a recuperar a autoestima, que foi a chave para volver ao mercado laboral. Espirse para o recomezo sempre foi un recurso simbólico das relixións; algo que os musulmáns recomendan a adultos conversos. O meu amigo ateo Gabriel aceptou afeitar o corpo para consagrarse a unha bereber. Outros non renunciaron á identidade por unha ocupación, coma o pintor Urbano Lugrís. Unha vez apañáronlle un posto nunha empresa de Vigo. Na primeira semana non houbo día no que chegase á oficina antes das once da mañá. O seu xefe reprendeuno advertíndolle de que tiña que fichar dúas horas antes. Lugrís retrucou: «Como quere que estea ás nove se non me ergo ata as dez?» Nos retratos constátase a súa pracidez. (artigo para El Progreso)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité