vendredi 12 février 2010
SUSO DE TORO: "O ESCRITOR QUE MARCHAR, RENUNCIA AO QUE HAI AQUÍ"
SUSO DE TORO, no País: "O que marcha, renuncia ao que hai aquí, busca e encontra fóra novas oportunidades que aquí non atoparía. Perde, pola contra, as oportunidades que ofreza o país. Gaña un espazo fóra, perde o seu espazo aquí. É un prezo a pagar. Os escritores que escriben en galego e viven fóra de Galiza pagan o prezo de ser máis ou menos esquecidos, preteritados, negados. (...) Lembro agora a Arcadio López Casanova, a Vicente Araguas, a Reigosa. E teño presente a case unha xeración de escritores, que conservan máis... [Lire la suite]
vendredi 12 février 2010
CONDE: "NON SE PERDOA A SUSO DE TORO E EMPEZA A PASARLLE A RIVAS"
ALFREDO CONDE confesa a Óscar Iglesias, en El País: "Todo xogou. 42 anos, Premio Nacional, competindo con poesía e ensaio, conselleiro, casara con outra muller... "A este hai que matalo", dicía de broma Casares. En certa maneira pásalle a Suso de Toro. Porque pensa que nalgúns casos ten que apoiar a Zapatero, déixase de valorar a súa literatura. Tamén se empeza a non perdoar a Rivas, cando o que tes que facer é potencialo".
A nova novela "escribina en castelán e sairá en Edhasa. Aparece unha doctoranda... [Lire la suite]
vendredi 12 février 2010
AFEITADO
DURANTE o retroceso económico dos anos 80 coñecín en Asturias un home ao que contraban para despedir traballadores. Aquel corentón non tiña fillos, nin unha ex noiva coa que mirar ‘Gran Hermano. El reencuentro’, pero proxectaba un halo de pracidez moral estomagante. Agora, George Clooney representa un deses profesionais en ‘Up in the air’ e seica deu sorte aos 22 desempregados que colaboraron na rodaxe porque case que todos atoparon nova ocupación. Foi o caso de Andy Glantzman, quen asegura que o balance emocional diante das cámaras... [Lire la suite]