Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 février 2010

BALTAR E A DINASTÍA HAN

SAUL BELLOW contaba que a dinastía chinesa Han caracterizouse por nomear escritores para os postos de funcionarios, «e o estado imperial sumiuse nun longo solpor de ortodoxia e dogmatismo». O autor norteamericano advertía, con ese exemplo, de que o entendemento entre intelectuais e gobernos «non está exento de perigos». Fantasiaba a seguir con que, de manterse a tendencia Han, «podo prever unha situación na que as prostitutas, que tantos privilexios deben ao réxime fiscal, terían que aprobar oposicións organizadas por un tribunal de poetas». Eu imaxino a Bellow asistindo divertido á proclama que Baltar fixo para que Ferrín sexa erixido como premio Nobel, como asistiu divertido en 1962 a aquela cea na que o estreado arrendatario da Casa Branca, John F. Kennedy, daba na honra de André Malraux. Bellow levantou crónica para ‘The Noble Savage’ sinalando que «varios escritores, entre os que se atopaban partidarios da promoción de masas, proclamaban o comezo dunha nova era». Eu non percibo a Ferrín como tan cándido e penso, canda o propio cronista, que «se o goberno tiña realmente intención de favorecer aos artistas, non podería perxudicalos moito». Baltar, que de sempre cultiva unha estética máis da dinastía Médici ca da Han, propón sen poñerse roibo a un comunista arredista para un recoñecemento mundial. A manobra sorprendeu, pero xa aconsella Macchiavelli a Lorenzo II no manual de campaña electoral ‘O Príncipe’ que as súas fazañas deben resultar extraordinarias pois «isto provocará o estupor dos súbditos e manteranse ocupados pensando no éxito da aventura de xeito que non poidan pensar en como mancar ao Príncipe». (Artigo para El Progreso)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité