Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 février 2010

BILBAO-BERMEO-BILBAO

Bilbao e Bermeo son dous ámbitos determinantes no meu pasado (alí están soterradas as fontes das que manou o meu ADN) e na miña infancia. Bermeo é unha vila arrantzale, coma Ondarroa, onde naceu Kirmen Uribe. Eses son os meu motivos para me sentir próximo a el, máis agora que vai publicar en Xerais Bilbao-New York-Bilbao. A capa, tan bonita como a orixinal de Elkar (un selo mítico para a cultura vasca, como Xerais é na nosa). Marca, a maiores, un cambio de deseño na colección de narrativa: a min gústame pola limpeza e a sinxeleza, penso que dar tanto protagonismo á foto é moi arriscado (con este libro vai ben) e tamén que metería unha cor máis viva no faldón (na parte baixa), pero está chula. Manuel Bragado falaba sobre este libro no Gara de hoxe dicindo que «teníamos referencia del éxito que había tenido en euskara antes del premio (Nacional de Literatura español) y, tras leer un borrador en castellano, hemos de confesar que nos ha entusiasmado».

Publicité
Publicité
Commentaires
D
Parabéns ao compañeiro arroutado pola tradución, coñecéndoo a el e o seu gran gusto pola escrita debeu quedar unha cousa ben chula.

Sobre a capa, como di por algures o señor alfaias, hai que agardar a ter o libro entre as mans para poder valorar o cambio de xeito axeitado. Certo é que o cambio era necesario. E certo é tamén que a presenza en todo o corpo da fotografía é a corrente, a moda (pero, ¿é o futuro?). A risco de criticar por criticar direi xa o que non remata de me convencer: a banda de cor (creo que como elemento recordatorio da clásica colección narrativa) non me entra moito polo ollo. Por outra banda o outro clásico da colección, a mestura de tipo normal e tipo en itálica sempre me deu certa sensación de equilibrio.

Malia todo isto, o cambio, insisto que dende a miña humildísima opinión, era necesario.
Répondre
J
Esquecera de subliñar o mérito do tradutor, grazas por estar sempre atento a esa cuestión.
Répondre
S
E parabéns ao meu colega Isaac Xubín, traducindo directamente do euskara ao galego sen pasar polo centro...
(E sen que supoña unha reescrita trapalleria, como a tradución ao serbio, por exemplo, de SPko tranbia ou esas autotraducións ao castelán de Atxaga...)
Répondre
S
E parabéns ao meu colega Isaac Xubín, traducindo directamente do euskara ao galego sen pasar polo centro...
(E sen que supoña unha reescrita trapalleria, como a tradución ao serbio, por exemplo, de SPko tranbia ou esas autotraducións ao castelán de Atxaga...)
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité