mercredi 24 février 2010

A NECESARIA INMERSIÓN: A METADE NON É SEMPRE O 50%

O meu pai aprendeu español con catro anos, despois viñeron o galego afectivo, o ingles profesional e o portugués devocional. Durante os primeiros catro anos da súa vida, o meu aita soamente falou euskara. Antón vai cumprir catro anos e, sen tempo non era, empeza a artellar frases en galego. Para el é un xogo: "Aita, ¿quieres que te hable en galego?". "Dime" "Eu quero estar sempre con aita".
Posté par Jaureguizar à 12:36 - Commentaires [2] - Permalien [#]