vendredi 19 février 2010

MALESTAR

UN BUCLE antiglobalizador trasladou a Lugo un problema entre un pobo suramericano e dous irmáns italianos. O asunto deduciuse da palabra ‘marichiwe’, pintada a xeito de marca comercial polos asaltantes a un comercio. A maiores, trazaron o ‘copyleft’ do A anarquista. Quen sabe se estes rapaces tomaron ao pé da letra os tópicos de que o Antroido é tempo de anarquía e celebraban as festas patronais de Piotr Kropotkin, o libertario que razoaba que «un acto violento pode facer máis propaganda ca milleiros de panfletos». Outro grande do... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 02:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 18 février 2010

O NOSO CÓDIGO DA VINCI

[Restauró retablos y altares para la trama corrupta que gestionó entre 2003 y 2009 la rehabilitación del arte sacro en Pontevedra y Ourense hasta que acabó arruinado, aburrido de esperar los pagos (en efectivo o en obra pública) prometidos el presunto cabecilla de la red, Carlos Gómez-Gil, ex restaurador de la Consellería de Cultura, que le adjudicaba los contratos. El pasado 9 de diciembre, Manuel Montes Carballa, responsable de la la firma de rehabilitación Da Vinci, tiró de la manta. A pesar de que, según consta en el sumario y en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 18 février 2010

PINGA NOS CLÁSICOS

[Cando chega a choiva e o vento propios destes meses, o que Emilia Pardo Bazán chamaba «la virazón marítima», na Real Academia Galega empezan a tremer porque a auga e humidade pode afectar a cen mil xoias literarias que garda a biblioteca da entidade xusto debaixo dun tellado que ten goteiras.] Rodri Gracía na Voz.
Posté par Jaureguizar à 12:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 16 février 2010

BILBAO-BERMEO-BILBAO

Bilbao e Bermeo son dous ámbitos determinantes no meu pasado (alí están soterradas as fontes das que manou o meu ADN) e na miña infancia. Bermeo é unha vila arrantzale, coma Ondarroa, onde naceu Kirmen Uribe. Eses son os meu motivos para me sentir próximo a el, máis agora que vai publicar en Xerais Bilbao-New York-Bilbao. A capa, tan bonita como a orixinal de Elkar (un selo mítico para a cultura vasca, como Xerais é na nosa). Marca, a maiores, un cambio de deseño na colección de narrativa: a min gústame pola limpeza e a sinxeleza,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:51 - Commentaires [4] - Permalien [#]
mardi 16 février 2010

LE FIGARO FIXA O PAGO EN TRES NIVEIS

Le Figaro , el diario nacional de información general con mayor tirada en Francia, ha reconvertido su sitio internet para hacer de pago varios de sus servicios con tres niveles de abono, sumándose a una tendencia en marcha en la prensa del país. El primero de esos tres niveles, presentados hoy , sigue siendo gratuito y permite el acceso a "toda la información en tiempo real", mientras el segundo, bautizado Mon Figaro Select por ocho euros al mes ofrece "los medios de ir más allá en la comprensión de la actualidad y... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 15 février 2010

BALTAR E A DINASTÍA HAN

SAUL BELLOW contaba que a dinastía chinesa Han caracterizouse por nomear escritores para os postos de funcionarios, «e o estado imperial sumiuse nun longo solpor de ortodoxia e dogmatismo». O autor norteamericano advertía, con ese exemplo, de que o entendemento entre intelectuais e gobernos «non está exento de perigos». Fantasiaba a seguir con que, de manterse a tendencia Han, «podo prever unha situación na que as prostitutas, que tantos privilexios deben ao réxime fiscal, terían que aprobar oposicións organizadas por un tribunal de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 13 février 2010

BADINTER CONTRA O ARQUEOFEMINISMO

O arqueofeminismo empeza a ser contestado. A filósofa Élisabeth Badinter defende ás traballadoras que reparten a atención aos cativos coas súas parellas fronte ao discurso naturalista que converte ás mulleres en vítimas do neoruralismo, con propostas tan regresoras no eido laboral e doméstico coma os cueiros reutilizables, o aleitamento ata os catro anos, a comida orgánica ou os partos coa mínima intervención médica e fármica. Badinter asegura que "non nego a maternidade, nego o instinto maternal. Teño tres fillos, pero eu non... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 07:44 - Commentaires [4] - Permalien [#]
vendredi 12 février 2010

SUSO DE TORO: "O ESCRITOR QUE MARCHAR, RENUNCIA AO QUE HAI AQUÍ"

SUSO DE TORO, no País: "O que marcha, renuncia ao que hai aquí, busca e encontra fóra novas oportunidades que aquí non atoparía. Perde, pola contra, as oportunidades que ofreza o país. Gaña un espazo fóra, perde o seu espazo aquí. É un prezo a pagar. Os escritores que escriben en galego e viven fóra de Galiza pagan o prezo de ser máis ou menos esquecidos, preteritados, negados. (...) Lembro agora a Arcadio López Casanova, a Vicente Araguas, a Reigosa. E teño presente a case unha xeración de escritores, que conservan máis... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:39 - Commentaires [5] - Permalien [#]
vendredi 12 février 2010

CONDE: "NON SE PERDOA A SUSO DE TORO E EMPEZA A PASARLLE A RIVAS"

ALFREDO CONDE confesa a Óscar Iglesias, en El País: "Todo xogou. 42 anos, Premio Nacional, competindo con poesía e ensaio, conselleiro, casara con outra muller... "A este hai que matalo", dicía de broma Casares. En certa maneira pásalle a Suso de Toro. Porque pensa que nalgúns casos ten que apoiar a Zapatero, déixase de valorar a súa literatura. Tamén se empeza a non perdoar a Rivas, cando o que tes que facer é potencialo". A nova novela "escribina en castelán e sairá en Edhasa. Aparece unha doctoranda... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 12 février 2010

AFEITADO

DURANTE o retroceso económico dos anos 80 coñecín en Asturias un home ao que contraban para despedir traballadores. Aquel corentón non tiña fillos, nin unha ex noiva coa que mirar ‘Gran Hermano. El reencuentro’, pero proxectaba un halo de pracidez moral estomagante. Agora, George Clooney representa un deses profesionais en ‘Up in the air’ e seica deu sorte aos 22 desempregados que colaboraron na rodaxe porque case que todos atoparon nova ocupación. Foi o caso de Andy Glantzman, quen asegura que o balance emocional diante das cámaras... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:20 - Commentaires [0] - Permalien [#]