jeudi 11 février 2010

6 ANOS DE LUISA CASTRO NA VOZ EN 'MELANCOLÍA DE SOFÁ'

Luisa Castro vén de quitar en Xerais 'Melancolía de sofá', que escolma seis anos de artigos na Voz. Segundo a escritora, o título fai referencia a "a un estado de ánimo habitual, porque a xente queda pegada ao sofá e ás pílulas para durmir diante desta época de barbarie e crise".
Posté par Jaureguizar à 17:46 - Commentaires [1] - Permalien [#]

jeudi 11 février 2010

DE LA CRUZ RODARÁ EN FEIJOTOWN

O director de 'Os mortos van á présa', Ángel de la Cruz, ambientará a súa nova película, 'Traíñas' na Ribeira Sacra e nos Peares. Negou ''o oportunismo'' de ir filmar na vila natal do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ''porque xa estaba decidido antes das eleccións''. Indica De la Cruz que ''a idea de ambientalo alí foi de Antonio Durán, Morris, que tamén naceu nese lugar''. Baixo o nome de 'Traíñas', o realizador anunciou que ''imos levar o mar ao sur da provincia de Lugo'' para contar unha historia dun empresario vasco do... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:47 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 11 février 2010

DOMINGO VILLAR, ANN ALFAYA E XABIER QUIROGA ARELAN CLEMENCIA

O Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente xa ten finalistas: A praia dos afogados, de Domingo Villar; O cabo do mundo, de Xabier Quiroga, e Areaquente, de An Alfaya, que competirán na modalidade de Lingua Galega. (Galicia Hoxe)
Posté par Jaureguizar à 08:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 10 février 2010

UNHA NOVELA NUCLEAR DE FERNÁNDEZ PAZ SEGUE INÉDITA

A primeira obra longa que escribiu Agustín Fernández Paz foi unha novela negra na que abordaba o intento de chantar unha central nuclear en Xove. A obra, que tiña como frecha dramática o asasinato dunha xornalista, segue nun borrador na casa do noso clásico dende hai trinta anos. Agustín asegura que a renuncia a construír a dotación levou canda si a oportunidade para publicar ese libro. Eu discrepo. O que si teremos na primavera é 'Fantasmas de luz', unha novela que publicará Xerais, sobre un empregado dun grande cinema urbano que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 9 février 2010

ALIANZA DE CIVILIZACIÓNS

A política fai estraños os compañeiros de cama. Baltar está construíndo unha alianza co nacionalismo para asegurarse a soberanía no PPdeOu e, asemade, na provinciadeOu. Onde foi Antón Bao pedir fondos para a casa natal de Manuel María (que está en Lugo)? Onde foi Ferrín para pedir fondos para a Academia?
Posté par Jaureguizar à 08:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 8 février 2010

TRAN ANH HUNG FILMARÁ MADEIRA NOREGUESA

Tran Anh Hung dirixirá a versión cinematográfica de Norwegian wood. Eu lin a versión portuguesa e, ben, gustoume e deume a comprender por que foi o éxito que converteu a Muraka en pop star e icono da moda, cando os lectofans deron en vestiren de verde e vermello. O título, é sabido, vén dunha canción dos Beatles. Aínda non entendo por que non cortaron os huevos  ao que lle puxo o título de 'Tokio blues' en español.
Posté par Jaureguizar à 13:44 - Commentaires [2] - Permalien [#]

dimanche 7 février 2010

VARELA. " A CULTURA GALEGA ESTÁ TAN SUBVENCIONADA COMA CALQUERA OUTRA"

ROBERTO VARELA recoñécelle a Iago martínez, en Xornal: "A cultura galega está tan subvencionada coma calquera outra, niso non somos nin máis nin menos. Quizais o que lles molestou aos editores foi o de que se producen demasiados libros. (...) Non sei por que os editores se sumaron a esta campaña, a esta carta, pero nós temos unha excelente relación con eles. Estamos no mesmo carro, pero eu teño a responsabilidade de adoptar unha política. Non podo facer o que todo o mundo me di que teño que facer. Dende o diálogo, pero teño esa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:52 - Commentaires [7] - Permalien [#]
dimanche 7 février 2010

CONDE: "ALGUNHA RAZÓN SI QUE A TEN"

ALFREDO CONDE, EN EL CORREO: "O primeiro que debería facer o señor conselleiro, pra demostrar que non ten a cabeza nos pés, é disculparse, dicir equivoquéime, eiquí non pasa nada, sentémonos, falemos e vexamos de facer a cousas polo dereito. Coido que ninguén se negaría a falar con il a modo das cousas que a todos nos preocupan porque, no fondo, todos sabemos que algunha razón si que a ten".
Posté par Jaureguizar à 19:47 - Commentaires [1] - Permalien [#]
dimanche 7 février 2010

DE TORO: "NON HOUBO NOVOS ESCRITORES QUE ACADASEN O PÚBLICO CON NORMALIDADE"

SUSO DE TORO dille a Xan Carballa en A Nosa Terra:  "O meu primeiro libro publícoo no 1984 e Polaroid no 1986. Naquel tempo formulaba a idea de que a literatura galega tiña que pasar de vivir na resistencia ou a supervivencia a instalarse na existencia, na normalidade. Tiñamos que conseguir que o pacto do escritor coa súa sociedade non fose repetir as consignas galeguistas senón fornecerlle literatura aos lectores e facelo en lingua galega. En paralelo sinalaba que as editoriais debían deixar de ser fundacións e pensar en... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:52 - Commentaires [6] - Permalien [#]
dimanche 7 février 2010

UN BOOKER DOS 70

OS ORGANIZADORES do premio máis reputado da Commowealth, o Booker Price, decidiron embarcarse na máquina do tempo de Herbert George Wells abrindo unha posibilidade de intervir no pasado, á que Antón Rebollido podería dedicarlle toda unha madrugada da Radio Galega, para procurar a novela que debería ter gañado o premio no 1970. Naquel ano non se desenvolveu a convocatoria porque o premio pasou a recoñecer obras publicadas tempo atrás para facelo cunha editada no mesmo ano. Algo así como o que deberíamos facer co Día dos Poetas Mortos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 14:48 - Commentaires [6] - Permalien [#]