Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 mars 2010

XERAIS DÁ O BOMBAZO CON FERNÁNDEZ PAZ E NACHO CHAO

[Forest Zhang, director de Administración do IBBY, o máis importante congreso internacional de literatura infantil e xuvenil, informou onte a Edicións Xerais de Galicia da inclusión na Lista de Honra do IBBY 2010 d' O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz, como obra orixinal en galego, e d' A noite d' O Risón de Gonzalo Moure pola calidade da tradución realizada por Ignacio Chao. Ambos os dous títulos foron publicados a finais do ano 2007 na colección xuvenil ilustrada. Agustín Fernández Paz e Ignacio Chao son os únicos galegos nesta lista de honra, e recibirán o seu premio o 9 de setembro de 2010, na sesión que se celebrará no Pazo de Congresos de Galicia, en Santiago, dentro das actividades do Congreso Internacional do IBBY que, por vez primeira, se celebrará en Galicia.] Información de Xornal.

Publicité
Publicité
Commentaires
A
E, por riba, o Lazarillo leva o nome do premio!!
Répondre
A
O Diario de Ana Frank e o Lazarillo son outros dous casos aínda máis flagrantes cós que apunta Salvador.
Répondre
J
Eu entendo o que di Arume. Este libro de FPaz ten un ton de literatura para adultos máis que outra cousa. Non se discute a calidade, senón o público ao que se dirixe. O libro de Gonzalo Moure (magnífico, por certo) tamén se sae desa idade, pero é o que busca esa colección.
Répondre
S
É certo o que di Arume dos Piñeiros. Pero, son en rigor, infantís "Platero y yo", "O Principiño", "Alicia en el país de las marabillas", "Das cousas de Ramón Lamote" e outros verdadeiros clásicos deste subxénero? Cómpre infantilizar ou facer medrar aos lectores? <br /> Alégrome moito por este novo recoñecemento a Agustín.
Répondre
A
Resulta algo paradóxico que o libro de AFPaz, considerado por el mesmo (en petit comité, iso si) pouco ou nada infantil e xuvenil, estea nesa lista. Interesante para consideracións sobre a estética de recepción.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité