Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 mars 2010

O DIÑEIRO CIRCULANTE

OS RAPACES adoitan ser imprudentes. Vailles nas hormonas,que non dan acougado ata a trintena. Ás veces algún mozote faime o envío certificado dun texto para que llo xulgue. Eu sempre lles contesto o mesmo que á miña muller cando se estraga algo: o mercado laboral non está para bricolaxes, se hai xente que cobra por amañar unha lavadora, será mellor que lle paguemos para que nos amañe a lavadora. O positivo é que haxa billetes que cambian de mans. A miña confianza no movemento circulatorio do diñeiro asegúrame que, o día menos pensado, eses cartos volverán a mín. Por exemplo, cando o electricista escriba unha novela e me pague unha análise do seu texto. Se hai xente que cobra por facer informes de orixinais literarios, deixemos que os fagan eles. Hai rapaces algo máis prudentes que se limitan a consultar o que poden facer para chegar a seren novelistas. A resposta doutros autores é fixa: le moitas novelas. Innegablemente, é unha lóxica errada. Eu sempre aconsello aos aspirantes a novelistas que miren todas cantas películas poidan e que estuden os manuais de guión de Syd Field, Linda Seger e Robert McKee. O cine é a vía máis axeitada para aprender a erixir estruturas, desenvolver personaxes e adquirir o instinto do ritmo narativo. Nos seus comezos, Balzac botou catro anos escribindo folletíns alimenticios. Calcúlanselle medio cento nese tempo. Non hai constancia de que ninguén lese tanta prosa acelerada, pero si de que lle valeu ao escritor para aprender a manexar os temas que o farían eterno: o amor, a morte, o egoísmo e a honra. Semella que escoitou o consello de Goethe a un escritor novo: «Escriba menos e traballe máis». (Artigo para El Progreso)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité