Eu creo que é posible que os rapaces lean (libros). Non digo que sexa doado, pero si que é posible se damos convertido a lectura en algo atractivo para eles. Esta tarde vou a Viveiro para informar a un grupo de profesores de ensino medio sobre o xeito no que poden lograr que os estudantes se interesen mais polos libros cun curso que se chama 'É posible (que lean)'.