jeudi 18 mars 2010
AO SERVIZO DA OPOSICIÓN
BALTAR LEU a Fukuyama. Intúo que o seu referente estratéxico é A fin da Historia e o derradeiro home, o ensaio no que o politólogo proclama eternos as eleccións e o mercado libres. Eladio Fernández asumiu esta gloria infinita saltando a delgada liña vermella entre PSOE-Ou e PP-Ou. Feijóo sabe que as peculiaridades ideolóxicas deron en recursos para as campañas, por iso emite a mensaxe subliminal do interese galego aos electores do partido veciño. Actúa ao xeito de Ralph Allen, o racionalizador do Correos británico a primeiros do... [Lire la suite]
jeudi 18 mars 2010
83'53 EUROS
A Lonxa Literaria é un dos clubes de lectura máis activos do país. A Consellaría de Cultura ten tanta confianza na súa capacidade para xestionar que lle concedeu unha axuda de 83'53 euros para organizar ducias de actividades ao longo do Ano do Libro e da Lectura.
jeudi 18 mars 2010
VOLVE O TERRAS DE MELIDE
O Concello de Melide volve convocar o certame Terras de Melide, no que colabora Edicións Xerais. O prazo de presentación de orixinais está aberto ata o 15 de abril.
jeudi 18 mars 2010
UNHA NAVALLA (SUÍZA) DE SETE ESTALOS
Os da Navalla son finalistas da 'Next Generation Online Experience' da NFB canadiana.