Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 mars 2010

GALICIA MÉTESE NO MOLLO BOLOÑÉS

XORNAL: [As editoriais galegas Kalankraka, OQO, Galaxia, Nova Galicia e Baía, terán un stand Feira do Libro de Boloña. Tamén estarán presentes Xerais e El Patito, para negociar acordos, así como a Asociación Galega de Editores, nunha caseta conxunta, na que estarán presentes 17 editoriais galegas, cos escritores Antonio García Teijeiro e Fina Casalderrey, e cos ilustradores David Pintor e Manel Craneo. Ás anteriores hai que sumarlles a A Nosa Terra, Rodeira, Sotelo Blanco, Tambre, Biblos Clube de Lectores, Everest, Obradoiro – Santillana, Primera Persona, Toxosoutos e Xerme.. Unha autora galega terá tamén especial protagonismo nesta edición, xa que a súa novela Ás de Bolboreta, foi unha das 250 obras seleccionadas para a exposición The White Ravens, que selecciona  a Internationale Jugendbibliothek de Munich. Os escritores Antonio García Teijeiro e Fina Casalderrey tamén estarán no stand de Galicia en Bolonia para participar en diversas presentacións con axentes e editores. Asemade, asistirán os ilustradores David Pintor, seleccionado pola organización da feira para a mostra de ilustradores e Manel Craneo proposto pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración].

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité