MANUEL MARTÍNEZ, en El Periódico de Extremadura: ["La función de las bibliotecas públicas debe ser la de acercar la literatura a todos, ¿pero tiene que ser de manera absolutamente gratuita? 20 céntimos por libro, con independencia de las veces que se preste, es una cantidad más que accesible y que ataja la crítica que tradicionalmente se le ha hecho a la industria cultural: precios demasiado elevados. ¿Acaso 20 céntimos por cada libro que una biblioteca adquiere para que cientos de personas puedan disfrutar de 6 o 7 horas de apasionante lectura no es un buen precio? Pocas cosas ya cuestan tan poco y proporcionan tanto placer."]
Commentaires sur MANUEL MARTÍNEZ: "¿ACERCAR LA LITERATURA A TODOS TIENE QUE SER GRATUITO?"
- Pois claro que non!!A cultura debe ser gratuita e non un negocio!! O asunto de todo este tinglado é, que, aínda que co tempo se lle acabe poñendo canon a TODO... as licenzas CC avanzan a paso de xigante. Unha vez vaia evolucionando o libro electrónico, a industria non terá motivos para preocuparse polo pirateo... xa que este deixará de existir. Para que piratear un creador con copyright, podendo dispor de millóns de obras de todo tipo con licenza CC? Ninguén pirateará, nin fotocopiará, nin adquirirá os teus libros en bibliotecas, Jaureguizar (nin por 20 nin por 0 ctms). Non por nada; simplemente porque centos de escritores, moito mellores ca ti, estarán dispostos a regalar a súa obra, de balde (cc)... ou é que tamén ides impedir que os meus poemas se podam distribuir, ou emprestar, deste xeito?? Ogallá vos recoñezan ese canon... ficaredes (como escritores) no esquezo para sempre.
- Un par de cousas, Sup.
Está ben que a cultura deixe de ser un negocio. Pero non estaría mal que antes deixasen de ser un negocio os bancos ou as inmobiliarias, eses diaños contra os que parece que os entusiastas da cultura de balde non berrades tan alto. Se cadra, porque para facer esa revolución hai que saír á rúa e deixar de pasmar diante do computador. Moitos antisistema deste século parecen sentirse como tales só porque teñen o emule botando fume todas as noites, aínda que seguro que ti non es deses. Pero en fin. Parece que esa revolución tan cómoda debe empezar por quitarlle os dereitos de autor aos creadores (cartos cos que seguro que ao amigo Jaureguizar non lle dan para moito máis que, por exemplo, mercarse un portátil novo, que é a súa ferramenta de traballo). Moi ben. Pero antes conquistemos os privilexios dos que perpetúan a desigualdade, que iso si que é mudar a sociedade. Porque aínda vai parecer que quitarlle os dereitos de autor aos escritores vai ser equiparable ás conquistas sindicais do século XX. Eu, amigo Sup, pensaba que as revolucións había que empezalas tomando o FMI. Por outra banda, esa arcadia feliz da que falas, e na que ninguén pirateará nada, é un chiste. Sempre haberá quen queira aforrar cartos. E iso de que haberá "centos de escritores dispostos a regalar a súa obra" soa a profecía de Koprotkin. Supoño que te referirás aos escritores funcionarios, profes de universidade ou así, deses que che poden regalar un estudo seu sobre as alternancias vocálicas na obra de Francisca Herrera, pero non aos escritores que chegan a fin de mes co traballo das súas obras, currando dez ou doce horas diarias diante do ordenador. Algo que ti pretendes que fagan de balde.
En fin: conste que non estou de acordo co canon nas biblliotecas. Esa é outra historia.
Salú. - Os escritores teñen dereito a recibir unha retribución polo seu traballo, artéllese como se queira. O negocio da cultura, se existe, non é precisamente para os que máis traballan por ela. Sup non ten dereito a fixar o canon como semella querer facer. Fai moitas afirmacións gratuítas. Por suposto que el pode renunciar aos dereitos das que supoño magníficas poesías, pero non ten por que impoñello a ninguén.
- Non concordo cos partidarios do canon na necesidade de volverlles cobrar ós usuarios das bibliotecas. Porque as bibliotecas fináncianse con diñeiro público. Polo menos, coido que McDonalds, da que é mascota un meu curmán por parte de nai, non pon diñeiro aí. Aínda.
Pero penso que Pako leva razón. Non se é transgresor por enchufarse ó p2p. E iso que eu me enchufo a el a miúdo, pero o que busco alí non está no mercado as máis das veces. Moitos usuarios del defínense coma Robin Hoods do ciberespacio (literal) e baixan todo, o que se pode mercar e o que non. Pero os seus argumentos son baleiros e falsos. O problema é que a actitude de moitos produtores de cultura non axuda. Mentres a cultura non estea a un prezo asequible para "fabricar consumidores de cultura", non se pode esixi-la súa existencia. Non se poden pedir milagres.
O feito, por outra parte, de que se pretenda quitarlle dereitos ós autores sobre as súas obras, ademais de ser un despropósito do 15, vén representa-lo pouco que significa iso chamado cultura para tanta xente. - Salvador: "Os escritores teñen dereito a recibir unha retribución polo seu traballo" SI, "artéllese como se queira" NON.
Imparable, significa que non se pode parar. O P2P é imparable, o debate por deporte pode continuar, o real fica ahí e cada quen que faga o que lle pareza.
O canon en bibliotecas non ten ningunha xustificación, ou é que as bibliotecas non pagan polos libros? Imaxinades nos libros un candado e unha regaña para meter moedas para poder lelo?
Nouveau commentaire