Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 mars 2010

INDEFENSOS

EN ITALIA puxeron unha canle televisiva onde había un país. Berlusconi transformouna nunha oferta máis da grella coa programación da democracia estética de ‘Los Soprano’ e as feromonas de ‘I love Escassi’, onde o propio presidente revive a Don Giovanni. Antes diso, Italia foi a sede oficial do Imperio Romano. O historiador Ruiz-Domènec sitúa o comezo de Europa naquela mañá de invernía do 406 na que os bárbaros botaron un carro no xelo do Rihn e non afundiu. Non pararon de invadir imperio ata chegar ao Coliseo. Aquel cosmos trazado polo Dereito Romano deu no caos de ‘Grande Fratello’, pero os descendentes dos bárbaros non melloran a oferta italiana. Catro xubilados alemáns secuestraron o asesor fiscal por arruinalos. O grado de civilización que herdamos nós da Gallaecia retráeme de aplaudirlles, pero acordo da receita da felicidade que cantaba Sara Montiel —«tres cosas hay en la vida: salud, dinero y amor»—. O asesor foilles mancar aos vellos no único ben que lles quedaba: os cartos. Dese trípode da satisfacción da Montiel soamente semella preocuparnos a saúde porque temos eficaces asociacións de erros médicos, pero non de erros de asesores financieiros nin quen nos repare un consello amoroso mal dado. Nas finanzas e nas emocións estamos indefensos.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 563
Publicité