vendredi 26 mars 2010

NON HAI DOUS SEN REC

Non hai dous sen tres. Tras Rec e Rec2, haberá un Rec3. A Julio Fernández escapóuselle o outro día en Lugo e logo non quixo contarme nada máis. A rodaxe será este ano "se conseguimos financiación". O codirector Jaume Balagueró e a protagonista Manuela Velasco xa dixeron que non querían participar, pero imaxino que todo depende do que depende.
Posté par Jaureguizar à 12:47 - Commentaires [4] - Permalien [#]

vendredi 26 mars 2010

TOSAR, COMPAÑEIRO DE PISO

Luis Tosar volve ser malo. Desta volta dedicarase a amargar a vida do vecindario no que traballa como porteiro en Flatmate. A veciña inocente será Marta Etura. Levará o peso de arrincar a trama central. O traballo vai custar 4 millóns de euros que reuniu Filmax e porá nas mans de Jaume Balagueró. A rodaxe comeza en maio en BCN e será case que toda en estudo agás algúns exteriores.
Posté par Jaureguizar à 10:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 26 mars 2010

INDEFENSOS

EN ITALIA puxeron unha canle televisiva onde había un país. Berlusconi transformouna nunha oferta máis da grella coa programación da democracia estética de ‘Los Soprano’ e as feromonas de ‘I love Escassi’, onde o propio presidente revive a Don Giovanni. Antes diso, Italia foi a sede oficial do Imperio Romano. O historiador Ruiz-Domènec sitúa o comezo de Europa naquela mañá de invernía do 406 na que os bárbaros botaron un carro no xelo do Rihn e non afundiu. Non pararon de invadir imperio ata chegar ao Coliseo. Aquel cosmos trazado... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :