FERRÍN, en Tempos Novos:

[P. As relacións institucionais co goberno da Xunta e as políticas respecto á lingua:

"Os rapaces que traballan na aceleración de partículas en Xenebra promoveron unha carta en defensa do galego, e son emigrantes porque Galicia non ten traballo para eles. Esa é a resposta. Están entre os mellores físicos do mundo e son galeguistas. O conselleiro debeu expresarse mal. Ou ignora quen é Leopoldo Nóvoa, ou que Manuel Rivas está traducido en Gallimard, que tampouco é para ensimesmarse. Pero ti cres que el sabe iso?"

P. Na literatura galega hoxe non sobra o debate, vese pouco conflito e faltan subculturas ou tensións que a animen. Pode saír algo artisticamente valioso da felicidade, a satisfacción e a harmonía que un percibe en exceso?
Ferrín: "Si. Sen dúbida en exceso. Pero debate haino. Ti mesmo es unha proba de que o hai. Vouche conceder que non existen manifestos, grupos ou confrontación. Pero o que me interesa é que existe Borrazás, e Cid Cabido, e que escreben cousas distintas ás que escreben Jaureguizar e Caneiro. A contradición está nos feitos e os feitos literarios son eses: uns escreben dunha maneira e outros escreben doutra, e os lectores escollen."]