lundi 29 mars 2010

FERRÍN: "O CONSELLEIRO IGNORA QUEN É LEOPOLDO NÓVOA?"

FERRÍN, en Tempos Novos: [P. As relacións institucionais co goberno da Xunta e as políticas respecto á lingua: "Os rapaces que traballan na aceleración de partículas en Xenebra promoveron unha carta en defensa do galego, e son emigrantes porque Galicia non ten traballo para eles. Esa é a resposta. Están entre os mellores físicos do mundo e son galeguistas. O conselleiro debeu expresarse mal. Ou ignora quen é Leopoldo Nóvoa, ou que Manuel Rivas está traducido en Gallimard, que tampouco é para ensimesmarse. Pero ti cres que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:20 - Commentaires [1] - Permalien [#]

lundi 29 mars 2010

O PECHALIBRARÍAS

OS MEUS amigos libreiros andan perplexos co libro electrónico. A maioría mira ese dispositivo na lonxanía temporal, outros confían en que o libro ben editado o libro enriquecido e vitaminado vailles termar do negocio. Outros, os pesimistas, temen a liquidación por peche. Antes non eran os libros os que pechaban librarías. Ás veces era un señor enfadado. Un oficial alemán mandou precintar a Shakespeare and Company de París en 1941. A súa propietaria, Sylvia Beach, negouse a venderlle un exemplar de ‘Finnegans wake’, de James Joyce. A... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:24 - Commentaires [3] - Permalien [#]
Tags :
samedi 27 mars 2010

ROBERTIO VARELA: "FAREMOS UNHA FORTE E BEN PENSADA POLÍTICA DE PROMOCIÓN"

[Roberto Varela asegurou que, de cara ao futuro, os "tres alicerces básicos" do libro galego deberán basearse na "calidade, coherencia e orixinalidade"; a excelencia empresarial; e unha "forte e ben pensada política de promoción". Con iso, indicou, lograrase un "marco estable e de futuro para as industrias editoriais" e buscaranse lectores para "achegar estabilidade ao sector". "Creo firmemente no potencial galego de creación literaria, pero necesita unha maior promoción",... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:29 - Commentaires [1] - Permalien [#]
vendredi 26 mars 2010

NON HAI DOUS SEN REC

Non hai dous sen tres. Tras Rec e Rec2, haberá un Rec3. A Julio Fernández escapóuselle o outro día en Lugo e logo non quixo contarme nada máis. A rodaxe será este ano "se conseguimos financiación". O codirector Jaume Balagueró e a protagonista Manuela Velasco xa dixeron que non querían participar, pero imaxino que todo depende do que depende.
Posté par Jaureguizar à 12:47 - Commentaires [4] - Permalien [#]
vendredi 26 mars 2010

TOSAR, COMPAÑEIRO DE PISO

Luis Tosar volve ser malo. Desta volta dedicarase a amargar a vida do vecindario no que traballa como porteiro en Flatmate. A veciña inocente será Marta Etura. Levará o peso de arrincar a trama central. O traballo vai custar 4 millóns de euros que reuniu Filmax e porá nas mans de Jaume Balagueró. A rodaxe comeza en maio en BCN e será case que toda en estudo agás algúns exteriores.
Posté par Jaureguizar à 10:29 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 26 mars 2010

INDEFENSOS

EN ITALIA puxeron unha canle televisiva onde había un país. Berlusconi transformouna nunha oferta máis da grella coa programación da democracia estética de ‘Los Soprano’ e as feromonas de ‘I love Escassi’, onde o propio presidente revive a Don Giovanni. Antes diso, Italia foi a sede oficial do Imperio Romano. O historiador Ruiz-Domènec sitúa o comezo de Europa naquela mañá de invernía do 406 na que os bárbaros botaron un carro no xelo do Rihn e non afundiu. Non pararon de invadir imperio ata chegar ao Coliseo. Aquel cosmos trazado... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:12 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

jeudi 25 mars 2010

'INDOOR', PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO

CRTVG [O xurado do IV Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico decidiu por maioría outorgarlle o galardón desta cuarta edición á obra Indoor, escrita por Vanesa Martínez Sotelo. O Premio da Audiencia foi para “O vento da illa”, de Begoña García Ferreira. Cada galardón está dotado con 3.000 euros. O xurado, composto por Ánxeles Cuña, directora de teatro e dramaturga; Ana Romaní, directora do “Diario Cultural” da RG; Rubén Ruibal, dramaturgo e gañador da última edición; María Paredes, coordinadora de programación da Agadic, e o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mercredi 24 mars 2010

MANUEL MARTÍNEZ: "¿ACERCAR LA LITERATURA A TODOS TIENE QUE SER GRATUITO?"

MANUEL MARTÍNEZ, en El Periódico de Extremadura: ["La función de las bibliotecas públicas debe ser la de acercar la literatura a todos, ¿pero tiene que ser de manera absolutamente gratuita? 20 céntimos por libro, con independencia de las veces que se preste, es una cantidad más que accesible y que ataja la crítica que tradicionalmente se le ha hecho a la industria cultural: precios demasiado elevados. ¿Acaso 20 céntimos por cada libro que una biblioteca adquiere para que cientos de personas puedan disfrutar de 6 o 7 horas de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:54 - Commentaires [10] - Permalien [#]
mardi 23 mars 2010

WASH, RINSE AND SPIN

Magnífica, estarrecedora.
Posté par Jaureguizar à 13:34 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 23 mars 2010

GALICIA MÉTESE NO MOLLO BOLOÑÉS

XORNAL: [As editoriais galegas Kalankraka, OQO, Galaxia, Nova Galicia e Baía, terán un stand Feira do Libro de Boloña. Tamén estarán presentes Xerais e El Patito, para negociar acordos, así como a Asociación Galega de Editores, nunha caseta conxunta, na que estarán presentes 17 editoriais galegas, cos escritores Antonio García Teijeiro e Fina Casalderrey, e cos ilustradores David Pintor e Manel Craneo. Ás anteriores hai que sumarlles a A Nosa Terra, Rodeira, Sotelo Blanco, Tambre, Biblos Clube de Lectores, Everest, Obradoiro –... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]